Saltar ao contido

Rudolph A. Marcus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRudolph A. Marcus

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xullo de 1923 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Montreal, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMontreal Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1958–)
Canadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade McGill (pt) Traducir
Baron Byng High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseCarl A. Winkler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto Tecnolóxico de California (1978–)
Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (1949–1951)
Instituto Politécnico da Universidade de Nova Iorque (pt) Traducir
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoDonald W. Noid (en) Traducir, Nathan Hodas (en) Traducir e Robert J. Cave (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Rudolph "Rudy" Arthur Marcus, nado o 21 de xullo de 1923 en Montreal (Canadá) é un químico e profesor universitario estadounidense, de orixe canadense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1992.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou química na Universidade McGill, onde se graduó en 1943 e se doutorou en 1946. Posteriormente dedicouse á docencia entre os anos 1956 e 1965 no Instituto Politécnico de Brooklyn, situado na cidade de Nova York, entre 1965 e 1978 na Universidade de Illinois e posteriormente no Instituto Tecnolóxico de California. En 1958 foille concedida a nacionalidade estadounidense.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

A finais da década de 1950 e a principios da de 1960 formulou a súa teoría sobre as reaccións de redución-oxidación, denominadas redox. Os seus estudos sobre as reaccións unimoleculares e o estado de transición e colisión permitíronlle elaborar en 1952 a Teoría RRKM (Rice–Ramsperger–Kassel–Marcus), ampliación da antecesora Teoría RRK elaborada por Oscar Knefler Rice, Herman Carl Ramsperger e L.S. Kassel nos anos 1927 e 1928.

En 1956 formulou a chamada Teoría de Marcus, que orixinalmente foi formulada para tratar as reaccións de transferencia electrónica de esfera externa, na que dúas especies químicas non están enlazadas directamente a unha á outra, pero despois foi ampliada ás reaccións de transferencia electrónica de esfera interna, na que dúas especies químicas están unidas por unha ponte química, por Noel S. Hush ( a formulación de Hush coñécese como a teoría de Marcus-Hush). En 1992 foi galardoado co Premio Nobel de Química pola súa contribución á teoría das reaccións de transferencia electrónica nos sistemas químicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Richard R. Ernst
Premio Nobel de Química

1992
Sucesor:
Kary Mullis
e
Michael Smith