Saltar ao contido

Robert Burns Woodward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Robert Woodward»)
Infotaula de personaRobert Burns Woodward

(1965) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1917 Editar o valor em Wikidata
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1979 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Mount Auburn (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Quincy High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica orgánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosHarry Herschal Wasserman (pt) Traducir e Steven A. Benner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoRobert Shapiro (pt) Traducir, William R. Roush (pt) Traducir, Stuart Schreiber, Ronald Breslow (pt) Traducir, Christopher Spencer Foote (pt) Traducir, Kendall Houk (pt) Traducir, Steven A. Benner (pt) Traducir e Daniel S. Kemp (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEudoxia Woodward (1946–)
PaiArthur Chester Woodward (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1496575 WikiTree: Woodward-7023 Find a Grave: 151888814 Editar o valor em Wikidata

Robert Burns Woodward, nado o 10 de abril de 1917 en Boston (EUA) e finado o 8 de xullo de 1979 en Cambridge (EUA) foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1965.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de inmigrantes británicos (Arthur Woodward de Inglaterra e Margaret Woodward de Glasgow, Escocia) estudou química no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde se licenciou en 1936 e doutorouse en 1937. Posteriormente realizou unha tese postdoutoral na Universidade de Illinois, e a partir de 1950 foi profesor de química e catedrático na Universidade Harvard.

Woodward faleceu na súa residencia de Cambridge vítima dun infarto de miocardio.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Interesado na síntese química de substancias orgánicas, conseguiu sintetizar a quinina en 1944, o colesterol e a cortisona en 1951, a estricnina en 1954, a reserpina en 1956 e a vitamina B12 en 1971. Tamén conseguiu reproducir nun laboratorio a molécula da clorofila, o pigmento responsable da cor verde das plantas.

En 1965 foille concedido o Premio Nobel de Química polos seus traballos na síntese de materiais naturais.

En 1959 foi galardoado coa Medalla Davy pola Royal Society.

Os seus traballos teóricos inclúen a súa colaboración con Roald Hoffmann, con quen realizou estudos dos mecanismos de reacción dos produtos químicos, instaurando a regra Woodward-Hoffmann.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Dorothy Crowfoot Hodgkin
Premio Nobel de Química

1965
Sucesor:
Robert S. Mulliken