Cuba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| República de Cuba | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cuba é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do Mar do Caribe. Os países máis próximos son: as Bahamas a noreste; o Haití, a sureste; os EEUU, a norte; a colonia británica das Ilhas Cayman, ao sur; e a Xamaica tambén a sur. A súa capital é La Habana. Ten 100.860 km2 de superficie e tiña unha poboación duns 11.864.000 habitantes no 2002.
Índice |
[editar] Historia
- Ver artigo principal: Historia de Cuba.
A República de Cuba é actualmente o único estado socialista de América. No 1959, Fidel Castro liderou unha revolución contra o ditador Fulgencio Batista e dous anos máis tarde instaurou un rexime de orientación marxista e partido único. Entre o 17 e o 21 de Abril do 1961, preto de 1500 exilados cubanos recrutados, patrocinados e entrenados pola CIA dos Estados Unidos tentaron unha invasión frustrada na Baía dos Porcos.
[editar] Política
- Ver artigo principal: Política de Cuba.
[editar] Provincias
Cuba está dividida en 14 provincias con 169 concellos, alén dun concello especial (a Isla de la Juventud).
![]() |
|
|
|
[editar] Xeografía
- Ver artigo principal: Xeografía de Cuba.
Cuba é un arquipélago constituído pola maior illa das Antillas chamada Cuba, a Illa da Juventud (anteriormente chamada Illa dos Piñeiros), e outros 4.195 cayos, illotes e illas adxacentes. Está situada no Mar das Antillas (ou Mar Caribe), preto da costa dos Estados Unidos e México.Os seus límites son ao norte co Estreito da Florida, ao leste co Paso dos Ventos, ao sur co Mar Caribe e o oeste co Golfo de México.
Superficie: 110.922 quilómetros cadrados.
[editar] Economía
- Ver artigo principal: Economía de Cuba.
[editar] Demografía
- Ver artigo principal: Demografía de Cuba.
Cuba é unha sociedade multiracial, as orixes da inmensa maioría da poboación son europeos, pois a poboación indíxena foi exterminada por mor da invasión española ou por enfermidades traidas por eles nos séculos XV e XVI.
o 65,05% da poboación é de raza branca, o resto repártese entre mestizos e afroamericáns.
Segundo o último censo do goberno cubán (2002):
- Poboación : 11 177 743 hab.
- Idade promedio : 35.1 años.
- Densidade : 101.7 hab/km²
- Maiores de 60 años: 14.7 %
- Homes : 49.97 %
- Mulleres : 50.03 %
- Brancos : 65.05 %
- Negros : 10.08 %
- Mulatos : 24.86 %
- Poboación urbá : 75.9 %
[editar] Outros datos
- A Esperanza de vida ao nacer é de 77 anos, 78,7 para as mulleres e 74,8 para os homes, sendo un dos paises de latinoamérica e do terceiro mundo con maior esperanza de vida
- Como media, os habitantes maiores de 15 anos teñen 9'5 anos de estudo
- Taxa de desemprego: 2,3%
- Índice de Pobreza Humana dentro de 78 paises en desenvolvimento: 5,1%, O segundo máis baixo
- Índice de Desenvolvimento de Xénero: Posto 21 de 104 paises analisados
- Taxa de alfabetización adultos: 99,5%
- Taxa de escolarización :
- Primaria (por neno de 6 - 11) : 99,1
- Secundaria (12 - 14) : 96,3
- Habitantes por médico : 165
[editar] Cultura
- Ver artigo principal: Cultura da Cuba.
O xornal oficial do rexime é o Granma
[editar] Tópicos diversos
Para ter unha idea concreta acerca da Cuba dos últimos anos, pola voz de que nela viveu ata ao exilio, ver o libro "Antes que anochezca", de Reinaldo Arenas. Existe tamén a versión cinematográfica "Before night falls" (dirixido por Julian Schnabel, con Javier Bardem no principal papel).
Eliseo Alberto no seu libro <<Dos Cubalibres "Nadie ama más a Cuba que yo">>, apresenta unha Cuba a través dos grandes nomes da cultura cubana e latinoamericana (músicos, cantores, pintores, escritores, etc.).
[editar] Bibliografía
ARENAS, Reinaldo (1992), Antes que Anochezca, State of Reinaldo Arenas e Tusquets Editores, ISBN 972-41-1295-0
ALBERTO, Eliseo (2004), Dos Cubalibres "Nadie quiere más a Cuba que yo", Ediciones Península e Atalaya, ISBN 84-8307-626-8
[editar] Ligazóns externas
| Países do mundo | Caribe |
| Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trinidade e Tobago - Xamaica |
| Países con estatus especial no Caribe Aruba (Holanda) | Antillas Holandesas (posesións de Holanda) |


