O Salvador - El Salvador

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende O Salvador)
República de El Salvador
República do Salvador
Bandeira de O Salvador - El Salvador Escudo de O Salvador - El Salvador
Bandeira Escudo
Lema: «Dios, Unión, Libertad»
(esp.: Deus, Unión, Liberdade)
Himno nacional: Himno nacional de El Salvador
 
 
Capital
 • Poboación
San Salvador
2.224.223(est. 2006)
Cidade máis poboada San Salvador
Linguas
 • Oficiais
n/d
Castelán
Forma de goberno República
Elías Antonio Saca González
Independencia
 • Data
De España
15 de setembro de 1821
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 152º
21,041 km2
1.5
545 km
307 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 99º
6,822,378 (est. 2006)
324.24 (est. 2006) hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 94º
$ 32,350 mill.
$ 4,620 (est. 2006)
IDH n/d
Moeda Dólar estadounidense 1 (US$, USD)
Xentilicio salvadoreño, -a
Fuso horario UTC -6
Dominio de Internet .sv
Prefixo telefónico +503
Prefixo radiofónico HUA-HUZ
Código ISO 222 / SLV / SV
Membro de: OEA, ONU

1 Antes do ano 2001, Colón salvadoreño (SVC)

Tódolos países do mundo

El Salvador é un pequeno país da América Central, limitado ao norte e leste por Honduras, a leste polo Golfo de Fonseca, a sur polo Océano Pacífico e a oeste pola Guatemala. A súa capital é San Salvador.

Índice

[editar] Historia

Ver artigo principal: Historia do Salvador.

El Salvador tornouse independente da España en 1821 e entrou no 1842 na Federación Centro-Americana.

Unha guerra civil de 12 anos, que custou as vidas de preto de 75 000 persoas, chegou ao fin no 1992, cando o goberno de dereita e a guerrilla de esquerda asinaron un tratado que levou a reformas militares e políticas.

[editar] Política

Ver artigo principal: Política do Salvador.

A Constitución de 1983 defínese o ordenamento legal básico do pais. Ai estabelécese que O Salvador é unha república democrática, representativa na que rexe o sistema presidencialista, cuxos tres órgans son o Organ Executivo, encabezado polo Presidente da República e o seu Gabinete. O órgan Lexislativo, nomeado Asamblexa Lexislativa de O Salvador (Unicameral) de 84 deputados, e o Órgan Xudicial, expresado na Corte Suprema de Xustiza, integrada por 15 maxistrados, sendo un deles eleito como Presidente do Poder Xudicial.

O presidente é eleito por sofraxio direito e dura no cargo 5 anos. Non pode ser reeleito no periodo seguinte. O partido Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) tén o poder executivo des 1989 e transcurre xa no seu carto periodo consecutivo en tal cargo.

Cos Acordos de Paz de Xapultepec (1992) crearonse a nova Policia Nacional Civil, a Procuradoría pra a Defensa dos Dereitos Humans, o Tribunal Supremo Electoral, douselle vida legal como partido político á oposición de esquerda na forma do Fronte Farabundo Martí pra a Liberación Nacional (FMLN) e redefiniouse o papel do exército, reservado pra a defensa da soberanía e a integridade territorial. Tamén soprimeronse alguns corpos de seguridade que estaban ao mando do exército, como foron a Garda Nacional, a Policía de Facenda e os Batalóns especiais formados pra mantener la guerra contra a insurxenza dos anos 80.

[editar] Subdivisións

Ver artigo principal: Subdivisións do Salvador.
Departamentos do Salvador.
Departamentos do Salvador.

O Salvador está dividido en 3 zonas (Zona Occidental, Zona Oriental e Zona Paracentral) e 14 departamentos. Os departamentos, segundo a zona, son:

Zona Occidental

Zona Central

Zona Paracentral

Zona Oriental

[editar] Xeografía

Ver artigo principal: Xeografía do Salvador.

O releve do Salvador está composto dunha meseta central pouco elevada (de 400 a 800 m de altitude) recurtada por vales fluviais e recoberta de numerosos volcáns (Santa Ana, San Vicente, San Salvador, Tecapa, Conchagua), dos cales algúns están ainda activos. A parte máis elevada do país sitúase no norte, no monte El Pital (2.730 m). A estreita franxa costeira que bordexa o océano Pacífico non supera os 25 km de ancho. O Lempa, que é parcialmente navegábel, é o principal río do país. O clima do Salvador é tropical, cunha estación seca (novembre a abril) e unha estación húmida (maio a outubro). Atópase, segundo a altitude, terras quentes, ata 800 m, terras templadas, ata 1800 m e, máis alá, terras xeadas. A temperatura anual medio da capital, San Salvador, é de arredor de 24°C.

As cidades máis importantes do Salvador son:

[editar] Economía

Ver artigo principal: Economía do Salvador.

A economía do salvador experimentou unha mestura de resultados durante o goberno do partido ARENA nas iniciativas do mercado libre e o modelo de xerencia fiscal que inclúen a privatización do sistema de actividades bancarias, as telecomunicacións, as pensións públicas, a distribución eléctrica, e unha parte da xeración eléctrica, redución dos aranceis, eliminación dos controis de prezos e subsidios, e unha aplicación mellorada dos dereitos de propriedade intelectual. O PIB ha estado crecendo nun paso constante pero modesto depois da asinatura dos Acordos de Paz en 1992, nun ambiente da estabilidade macroeconómica.

Un problema que O Salvador enfronta é a desigualdade económica da distribución das gañanzas persoais. En 1999, a quinta parte da poboación máis rica recibíu o 45 % dos beneficios, mentres que a quinta parte máis pobre recebeu somente o 5.6 %.

Desde o mes de decembro de 1999, as reservas internacionais netas igualaron o $ 1.8 mil milóns de dólares. Tendo este almacenador intermediario da moeda forte para traballar, o Goberno de O Salvador, emprendeu un plan moetario da integración que comenzaba do 1 de xaneiro do 2001, polo cal o dólar dos Estados Unidos converteuse en moeda de curso legal xunto ao colón salvadoreiro, e toda a contabilidade formal foi emprendida nos dólares. Desta maneira, o goberno limitou formalmente a súa posibilidade de poñer políticas moetarias sobre o mercado pra influir variabeis a curto prazo na economía. Desde 2001, o colón deixou de circular e agora xa non utilízase pra facer transaccións; porén, algúns almacéns aínda informan ao público de prezos en colóns e á vez en dólares.

En xeral, a poboación apoiou co cambio do colón ao dólar, se ben os salarios siguen sendo iguais a pesar que creceu o prezo da maioría dos produtos. O cambio ao dólar axudou a baixar os intereses nos créditos, co que moitas persoas tiveron acceso a créditos para compraren unha casa ou un automóbil. Os sectores políticos de esquerda, foron moi críticos do proceso de dolarización, o cal unicamente favorece ás empresas do sector financieiro.

Actualmente, a economía está mais orentada cara a manufactura e os servizos, en logar da agricultura (cultivo do café). As súas principais industrias son a de alimentos e bebidas, produtos do petroleo, tabaco, produtos químicos, textís e mobles.

[editar] Demografía

Ver artigo principal: Demografía do Salvador.

[editar] Cultura

Ver artigo principal: Cultura do Salvador.

[editar] Feriados

Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Aninovo Año Nuevo
8 de marzo Día da Muller Día de la Mujer
marzo/abril Semana Santa Semana Santa
1 de maio Día do Traballador Día del Trabajo
3 de maio Día da Cruz Día de la Cruz
10 de maio Día da Nai Día de la Madre
17 de xuño Día do Pai Día del Padre
22 de xuño Día do Mestre Día del Maestro
4, 5 e 6 de agosto Festas de Agosto Fiestas Agostinas
15 de setembro Día da Independencia Día de la Independencia
1 de outubro Día do Neno Día del Niño
12 de outubro Día da Raza Día de la Raza
2 de novembro Día de Tódolos Santos Día dos Difuntos
25 de decembro Nadal Navidad

[editar] Véxase Tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Países do mundo | América central
Belice - Costa Rica - Honduras - Nicaragua - Panamá - O Salvador
Ferramentas persoais