2002
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| < Século XX | Século XXI | Século XXII > | |||||||
| 01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
| 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
| 41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
| 51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
| 61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
| 71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
| 81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
| 91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
| Calendario gregoriano | 2002 MMII |
| Ab urbe condita | 2755 |
| Calendario armenio | 1451 |
| Calendario chinés | 4698 – 4699 |
| Calendario hebreo | 5762 – 5763 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
2057 – 2058 1924 – 1925 5103 – 5104 |
| Calendario persa | 1380 – 1381 |
| Calendario musulmán | 1423 – 1424 |
| Calendario rúnico | 2252 |
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1 de xaneiro - Entra en circulación o euro como moeda única para 12 Estados da Unión Europea.
- 16 de xaneiro - O Consello de Seguridade das Nacións Unidas establece un embargo de armas e conxela os fondos de Osama bin Laden, Al Qaida e os talibán.
- 12 de febreiro - Entra en vigor o Protocolo Facultativo á Convención sobre os Dereitos do Neno, impulsado pola ONU, que eleva a idade mínima de recrutamento e participación en hostilidades de 15 a 18 anos.
- 3 de febreiro - Eleccións presidenciais en Costa Rica.
- 22 de febreiro - O político e líder rebelde Jonas Savimbi morre nunha emboscada militar.
- 23 de febreiro - En Colombia as FARC secuestran a Ingrid Betancourt mentres fai campaña electoral para a presidencia do país.
- 28 de febreiro - As moedas substituídas polo euro deixan de ter valor legal na Unión Europea.
- 12 de abril - Golpe de Estado contra Hugo Chávez en Venezuela
Mark Shuttleworth na Estación Espacial Internacional.
- 25 de abril - Mark Shuttleworth, segundo turista espacial, parte do cosmódromo de Baikonur. Foi tamén o primeiro africano.
- 30 de abril - Nun referendo, Pervez Musharraf logra continuar como presidente do Pakistán durante cinco anos máis.
- 6 de maio - Pim Fortuyn, político holandés, é asasinado.
- 12 de maio - Jimmy Carter inicia unha visita de cinco días a Cuba, o primeiro presidente dos Estados Unidos (aínda que xa fora do posto) en facelo despois da Revolución cubana.
- 20 de maio - Timor-Leste tórnase un estado independente.
- 26 de maio - A sonda espacial Mars Odyssey atopa evidencia da existencia de depósitos de xeo en Marte
- agosto - Europa Central vese afectada por inundacións.
- 19 de agosto - Abu Nidal, terrorista internacional, é atopado morto por bala en Bagdad.
- 10 de setembro - Suíza, país coñecido pola súa neutralidade, entra nas Nacións Unidas.
- 12 de setembro - George W. Bush esixe que as Nacións Unidas se enfronten a Iraq, a quen acusa de patrocinar o terrorismo internacional, ou que se lle permita a el actuar.
- 2 de outubro - O Congreso dos Estados Unidos autoriza ao presidente dos Estados Unidos a utilizar a forza contra Iraq.
- 12 de outubro - Atentados terroristas en dúas discotecas en Kuta, Bali, que causan 202 mortes e danos a máis de 300 persoas.
- 16 de outubro - George W. Bush asina a Resolución de Guerra contra Iraq.
- 27 de outubro - Luiz Inácio Lula da Silva, do Partido dos Trabalhadores é electo presidente do Brasil por maioría absoluta.
- 13 de novembro - O petroleiro Prestige afúndese na costa galega, ocasionando unha enorme maré negra.
- 25 de novembro - Saparmurat Niyazov, presidente de Turkmenistán sofre un intento de asasinato.
- 1 de decembro - Unhas 200.000 persoas maniféstanse en Compostela, convocadas polo movemento Nunca Máis, para esixir dignidade e dimisións pola incompetencia dos gobernos galego e español na catástrofe do Prestige.
- 9 de decembro - Falencia da compañía de aviación estadounidense United Airlines.
- 27 de decembro - A sede do goberno pro-moscovita de Chechenia é destruída nun ataque suicida.
[editar] Nacementos
- 30 de abril Miguel de Tódolos Santos Urdangarín Borbón, fillo de S. A. R. a Infanta Dona Cristina e o Excmo. Señor Don Iñaki Urdangarín.
[editar] Mortes
- 3 de xaneiro - Freddy Heineken, presidente de Heineken.
- 4 de xaneiro - Esquivel, musico mexicano.
- 8 de xaneiro - Alexander Prochorow, físico ruso, Premio Nobel de Física (n. 1916)
- 12 de xaneiro - Cyrus Vance, Secretario de Estado dos Estados Unidos (n. 1917)
Estatua de Cela en Padrón.
- 17 de xaneiro - Camilo José Cela, escritor natural de Iria Flavia e Premio Nobel de Literatura (n. 1916)
- 23 de xaneiro - Pierre Bourdieu, sociólogo francés (n. 1930)
- 6 de febreiro - Max Perutz, biólogo austríaco, Premio Nobel (n. 1914)
- 9 de febreiro - Margarida do Reino Unido, irmá da actual soberana Isabel II (n. 1930)
- 22 de febreiro - Jonas Savimbi, líder rebelde angolano (n. 1934)
- 26 de febreiro - Lawrence Tierney, actor americano (n. 1919)
- 9 de marzo - Carlos Casares, escritor galego.
- 11 de marzo - James Tobin, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía (n. 1918)
- 13 de marzo - Hans-Georg Gadamer, filósofo alemán.
- 24 de marzo - César Milstein, cientista arxentino, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1927)
- 27 de marzo - Dudley Moore, actor e pianista británico (n. 1935)
- 27 de marzo - Billy Wilder, cineasta estadounidense (n. 1906)
- 18 de abril - Thor Heyerdahl, explorador noruegués (n. 1914)
- 22 de abril - Linda Lovelace, actriz porno estadounidense (n. 1949)
- 5 de maio - Hugo Bánzer Suárez, presidente de Bolivia (n. 1926)
- 6 de maio - Pim Fortuyn, político holandés (n. 1948)
- 19 de maio - John Gorton, primeiro ministro de Australia (n. 1911)
- 20 de maio - Stephen Jay Gould, paleontoloxista estadounidense (n. 1941)
- 21 de maio - Niki de Saint Phalle, artista francesa (n. 1930)
- 4 de xuño - Fernando Belaúnde Terry, presidente do Perú (n. 1912)
- 5 de xuño - Dee Dee Ramone, baixista estadounidense (The Ramones) (n. 1952)
- 24 de xuño - Pierre Werner, primeiro ministro de Luxemburgo (n. 1913)
- 9 de xullo - Rod Steiger, actor estadounidense (n. 1925)
- 14 de xullo - Joaquín Balaguer, ex-presidente de República Dominicana (n. 1906)
- 28 de xullo - Archer John Porter Martin, químico británico, Premio Nobel de Química (n. 1910)
- 16 de agosto - Abu Nidal, terrorista palestino (n. 1937)
- 31 de agosto - Lionel Hampton, músico estadounidense (n. 1908)
- 31 de agosto – George Porter, químico británico, Premio Nobel (n. 1920)
- 19 de setembro – Robert Gueï, xefe militar da Costa do Marfil (n. 1941)
- 12 de outubro – Ray Conniff, músico e maestro estadounidense (n. 1916)
- 17 de novembro - Abba Eban, político e diplomático israelí (n. 1915)
- 24 de novembro - John Rawls, filósofo norteamericano.
- 2 de decembro - Ivan Illich, pensador e ecoloxista austriaco.
- 12 de decembro – Orlando Villas-Boas, sertanista brasileiro (n. 1914)
- 22 de decembro – Desmond Hoyte, presidente e primeiro ministro de Guïana (n. 1929)
- 22 de decembro – Joe Strummer, músico británico (The Clash) (n. 1952)
[editar] Premios Nobel
- Física: Raymond Davis Jr., Masatoshi Koshiba e Riccardo Giacconi
- Química: John B. Fenn, Koichi Tanaka e Kurt Wüthrich
- Fisioloxía ou Medicina: Sydney Brenner, H. Robert Horvitz e John E. Sulston
- Literatura: Imre Kertész
- Paz: Jimmy Carter
- Economía: Daniel Kahneman e Vernon L. Smith
[editar] Día das Letras Galegas dedicado a:
[editar] Outros
- Este ano foi declarado Ano Internacional Gaudí.

