México

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Estados Unidos Mexicanos
Bandeira de México Escudo de México
Bandeira Escudo
Himno nacional: Himno Nacional Mexicano
 
 
Capital
 • Poboación
Cidade de México
8,720,916 hab.
Cidade máis poboada Cidade de México
Linguas
 • Oficiais
n/d
n/d
Forma de goberno República federal democrática
Felipe Calderón Hinojosa
Independencia
 • Iniciada
 • Declarada
de España
16 de setembro de 1810
27 de setembro de 1821
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

1.984.375 km2
n/d
n/d km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade

106.682.500 (2008) [1]
52,3 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 10º
US$ 840.012 mill.
US$ 8.066 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 10º
US$ 1.171.506 mill. 2
US$ 11.249 (2006)
IDH n/d
Moeda Peso mexicano ($, MXN)
Xentilicio mexicano/a
Fuso horario UTC-6 a UTC-8
Dominio de Internet .mx
Prefixo telefónico +52
Prefixo radiofónico 4AA-4CZ, 6DA-6JZ, XAA-XIZ
Código ISO 484 / MX / MEX
Membro de: TLCAN, ONU, OEA, OCDE, APEC, G.3

1 Non existe declaratoria constitucional de lingua oficial.
2 Fonte: FMI.

Tódolos países do mundo

México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente na América do Norte (dependendo de onde se traza o limite coa América Central, se na fronteira mexicana, se no Istmo de Tehuantepec). Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, a leste polo Golfo de México e polo Mar Caribe, a través dos cais se achega a Cuba, a sur por Guatemala e máis Belice, e a oeste polo Océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, o México inclui tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no Océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do Cabo San Lucas, na Baixa California.

Índice

[editar] Historia

[editar] México precolombino

Os primeiros achados arqueolóxicos en México teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e a recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres, e de nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias arredor do 2500 a.C.
Entre o 1200 e o 400 a.C. desenvólvese a escrita, o calendario e os grandes centros cerimoniais da cultura olmeca, localizada na costa do Golfo de México, nas actuais Veracruz e Tabasco, difundindo unha sociedade xerarquizada noutros pobos de Mesoamérica.
Entre o 400 a.C. e o 200 d.c. produciuse un aumento demográfico e da produción agrícola, desenvolvéronse máis centros urbanos e aumentou o comercio. Destacan neste período Teotihuacan, Monte Albán e as cidades estado maias como Palenque, Uxmán ou Copán.
O colapso das grandes cidades produciuse entre o 650 e o 900, é un período caracterizado pola inestabilidade política, a mobilidade social, estes cambios acentuaronse dende o século XI, cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México, e deron lugar a sociedades militaristas, ao ter que dominar aos pobos asentados con anterioridade nos territorios nos que se estableceron.
No centro de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a tolteca nos séculos X e XII, a chichimeca, no XII e a mexica no XV

[editar] Conquista e colonización española

As primeiras expedicións españolas á área que agora é México realizounas Francisco Hernández de Córdoba en 1517. En 1518 Juan de Grijalva explorou o sur de México. Pero foi Hernán Cortés en 1519 o que dende a actual Veracruz deu comezo á conquista española, obtivo a primeira vitoria militar nas costas de Tabasco e entre o botín de guerra estaba Malitzin que lle serviu de intérprete e foi vitar para coñecer as rivalidades entre os pobos mexicanos. Trala conquista de Texcoclo por Cortés diversas poboacións indíxenas, como os zapotecos aliánronse con el contra dos aztecas, e tras unha serie de batallas os españois sitiaron a súa capital Tenochtitlán, conquistada en 1521. Tres factores contribuíron á rápida vitoria española, a superioridade do armamento e a utilización do cabalo, a expansión das novas enfermidades que traían os europeos e a axuda doutros pobos indíxenas que vían aos aztecas como opresores.
Os conquistadores eran poucos, uns 2.000 arredor de 1530 e 10.000 en 1550, e o seu avance cara o norte foi lento, pola resistencia dos pobos nómades que alí habitaban, a guerra do Mixtón (1540-42) supuxo a conquista do territorio chichimeca e o descubrimento das minas de prata de Zacatecas (1546).
Cos conquistadores chegaron tamén os evanxelizadores cristiáns, organizouse a Inquisición e as fundacións relixiosas multiplicáronse en toda Nova España, en 1559 había uns 160 conventos e 800 relixiosos no territorio.
A conquista provocou tamén unha forte diminución da poboación indíxena, consecuencia non só das guerras, senón da expansión de novas enfermidades, os traslados de poboación, traballos obrigatorios para os indíxenas e unha mala alimentación, así a poboación pasou de 25.000.000 en 1519 a 2.600.000 en 1550.
Nos séculos XVII e XVIII houbo un aumento demográfico, ao tempo que aparecían poboacións mestizas, mulatas e creoulas. A expansión da minería e a comercialización da agricultura e a gandería reforzaron a economía da colonia. Grandes extensións de terra eran propiedade dos brancos, que tamén dominaban a economía e a política colonial

[editar] A independencia

Logo da invasión de España por Napoleón I os liberais e conservadores concordan en pedir máis autonomía para Nova España. A guerra de independencia de México comeza o 16 de setembro de 1810 dirixida por Miguel Hidalgo, un sacerdote crioulo e de ideas progresistas. Os sublevados apoderáronse de San Miguel el Grande e ao pouco tempo tiñan un exército de 25.000 homes, que en outubro eran xa 80.000. Entre os líderes independentistas sobresaían José María Morelos, Vicente Guerrero, Agustín de Iturbide e Antonio López de Santa Anna. A guerra durou once anos ata que os independentistas entraron na cidade de México en 1821. En agosto dese ano asinouse o Tratado de Córdoba en Veracruz entre o vicerrei español, Juan de O'Donojú, e Agustín de Iturbide que ratificaba o Plan de Iguala.
En 1821 Iturbide, un antigo xeneral español que cambiara de bando para loitar pola independencia, proclamouse emperador; oficialmente unha medida temporal ata que un membro da realeza europea asumira o posto. En 1823 unha revolta contra Iturbide estableceu a República de México e Guadalupe Victoria converteuse no primeiro presidente do país.
O século XIX estivo caracterizado pola inestabilidade política. A figura dominante no segundo cuarto do século foi o ditador Antonio López de Santa Anna. Neste período México perdeu os seus territorios máis ao norte. En 1836 Texas declarouse independente. Entre 1846 e 1848 estalou a guerra mexicano-americana que significou non só a perda dos territorios do norte, senón unha maior intervención norteamericana na política mexicana.
En 1855 un presidente moderado, Ignacio Comonfort, chega ao poder e en 1857 apróbase a nova constitución, que tentaba unha vía intermedia entre os conservadores e os liberais. Nesta carta magna, a Igrexa Católica mantén a maioría dos privilexios que tiña dende a época colonial, pero deixa de ser a única da nación. Isto provoca unha dura reacción da igrexa, que excomunga ao goberno, e dos conservadores que se rebelan en armas contra o goberno. É a coñecida como Guerra de Reforma que dura ata xaneiro de 1861. Trátase unha guerra sanguenta e polariza politicamente ao país, de xeito que boa parte dos moderados únense aos liberais. Durante un tempo hai dous gobernos no país: o conservador na cidade de México e o liberal en Veracruz. A contenda remata coa vitoria dos liberais liderados por Benito Juárez.
En 1864 Maximiliano de Habsburgo convértese en emperador de México co apoio dos conservadores e dos franceses, interesados en explotar as ricas minas do noroeste do país. Sen embargo, Maximiliano tentou seguir unha política liberal, o que provocou que os conservadores lle retirasen o seu apoio. Maximiliano foi, finalmente, capturado polas forzas leais a Benito Juárez e fusilado en Cerro Campanas, Querétaro en 1867. Restableceuse a república e redactouse unha nova constitución que confiscaba as enormes propiedades da Igrexa Católica e establecía a separación de Igrexa e Estado.
En 1876 o xeneral Porfirio Díaz rebelouse contra o goberno, co apoio dos conservadores, e mantívose no poder ata 1911, período que se coñece como o porfiriato. Foi un período de relativa prosperidade e paz, pero as condicións das clases máis baixas empeoraron ao desapareceren os "ejidos", as terras que os indios cultivaban de xeito comunal. Estas terras pasaron a engrosar os grandes latifundios. Porén, non se permitía a disidencia política, manténdose no poder un sistema político corrupto baseado na sistemática falsificación do sufraxio electoral.
En 1910 o xa ancián presidente decidiu presentarse para outro mandato. Aínda que pensaba non contar con ningún opositor serio, apareceu Francisco Madero, un académico de rica familia que decidiu presentarse. Madero rapidamente obtivo popularidade e Díaz ordenou metelo en prisión. As eleccións foron un fraude enorme: oficialmente Madero só recibiu uns poucos centos de votos. Isto provocou revoltas populares por todo o país.

[editar] A Revolución mexicana

Pancho Villa e Raúl Madero
Pancho Villa e Raúl Madero

O 20 de novembro Madero redactou o coñecido como Plan de San Luis Potosí, no que chamaba a loitar contra do goberno ditatorial. Así deu comezo a chamada Revolución mexicana. O exército federal foi derrotado polas forzas revolucionarias dirixidas, entre outros, por Emiliano Zapata no sur, Pancho Villa e Pascual Orozco no norte e Venustiano Carranza. Porfirio Díaz demotiu e marchou ao exilio a Francia.
Sen embargo, cada un dos triunfantes líderes revolucionarios tiñan diferentes obxectivos políticos. Madero negábase a alterar a estrutura económica, o que lle supuxo a perda do apoio campesiño que frustrado se revolveu esixindo o reparto das terras. Consecuentemente, abriuse unha cruenta loita polo polo poder: Pancho Villa e Emiliano Zapata foron os líderes populares que encabezaron as revoltas en 1913. Carranza foi nomeado presidente o 5 de febreiro de 1917 e promulgouse unha nova constitución coa que se encetaba unha vasta reforma agraria. En 1920 Álvaro Obregón converteuse en presidente. Durante o seu mandato, mellorou a educación e déronse pasos para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Obregón contou co apoio de case toda a sociedade mexicana. Só se opuñan a el os terratenentes e o clero máis conservador. Este último levantouse na coñecida como Guerra Cristera co obxectivo de loitar contra da separación entre a Igrexa e o Estado.
En 1929 formouse o Partido Nacional Mexicano (máis tarde denomidado Partido Revolucionario Institucional) para servir ao presidente Plutarco Elías Calles. O PNM esparexeu as milicias dos xenerais revolucionarios.
En 1934 o presidente Lázaro Cárdenas del Río, que principou unha política de transformación do país, exiliou en Calles, o último xeneral con ambicións ditatoriais, conseguíu unir as diferentes tendencias no seo do PRI, nacionalizou a industria do pretróleo, deu asilo aos refuxiados da guerra civil española e comezou a reforma agraria.
O seu sucesor Manuel Ávila Camacho procurou crear un clima máis favorable para o capital internacional polo que reprimiu as folgas, perseguíu aos disidentes, e deu volta atrás na reforma agraria.
A oposición política medrou sobre todo dende a masacre de Tlatelolco de 1968 a economía entrou en recesión na década de 1970, o peso devaluouse. A crise de 1994 deixou provocou un clima de axitación política e a aparición en Chiapas do Exército Zapatista, polo que o presidente Ernesto Zedilla viuse obigado a reformar a lei electoral e reducir o poder do PRI e nas eleccións de 2000 venceu Vicente Fox Quesada, o candidato do Partido de Acción Nacional.

[editar] Política

México é unha república representativa, democrática e federal, composta por 31 estados libres e soberanos no que concerne a seu rexime interno e un Distrito Federal, sede do Poder Executivo Federal, no cal se encontra a Cidade de México.

A constituición mexicana de 1917 criou uña república federal con separación de poderes entre ramos executivo, lexislativo e xudicial separados. Historicamente, o executivo é o ramo dominante, co poder investido no presidente, que promulga e executa as leis emanadas do parlamento, o congreso federal, ou Congreso de la Unión.

O Congreso Nacional é bicameral e composto por un Senado (Cámara de Senadores) e unha Camara de Deputados (Cámara de Diputados). A reeleición consecutiva está prohibida. Os senadores son eleitos para mandatos de 6 anos, e os deputados por 3 anos. Os ocupantes dos 128 lugares do Senado son escollidos a través dunha mistura de eleición directa e de representación proporcional. Na Camara (baixa) dos Deputados, 300 dos 500 deputados son eleitos directamente en círculos uninominais, e os restantes 200 lugares son eleitos através dunha forma modificada de representación proporcional con base en cinco rexións eleitorais. Estes 200 lugares foron criados para axudar os partidos máis pequenos a ter acceso ao parlamento.

[editar] Subdivisións

Ver artigo principal: Subdivisións de México.
División política de México
Estado Población (2005) Superficie (km²) Capital
Estados Unidos Mexicanos 103 088 000 1 959 248 Cidade de México
1. Aguascalientes 1 051 000 109.665 Aguascalientes
2. Baixa California 2 842 000 177 Méxicali
3. Baixa California Sur 517 000 3.812 La Paz
4. Campeche 751 000 87 Campeche
5. Chiapas 4 256 000 1.642 Tuxtla Gutiérrez
6. Chihuahua 3 238 000 2.317 Chihuahua
7. Coahuila de Zaragoza 2 475 000 288 Saltillo
8. Colima 562 000 73 Colima
9. Durango 1 489 000 168 Victoria de Durango
10. Guanajuato 4 893 000 529 Guanajuato
11. Guerrero 3 116 000 204 Chilpancingo
12. Hidalgo 2 334 000 407 Pachuca de Soto
13. Jalisco 6 652 000 231 Guadalaxara
14. México 14 161 000 120 Toluca
15. Michoacán 3 988 000 180 Morelia
16. Morelos 1 605 000 144 Cuernavaca
17. Nayarit 3 988 000 180 Tepic
18. Novo León 1 605 000 144 Monterrey
19. Oaxaca 3 988 000 180 Oaxaca de Juárez
20. Puebla 1 605 000 144 Puebla de Zaragoza
21. Querétaro 3 988 000 180 Santiago de Querétaro
22. Quintana Roo 1 243 975 21.658 Chetumal
23. San Luis Potosí 310 132 24.885 San Luis Potosí
24. Sinaloa 534 562 1.845 Culiacán Rosales
25. Sonora 897 509 4.140 Hermosillo
26. Tabasco 70 554 52 Villahermosa
27. Tamaulipas 1 957 789 30.537 Ciudad Victoria
28. Tlaxcala 772 010 10.917 Tlaxcala de Xicohténcatl
29. Veracruz Llave 1 365 342 23.562 Xalapa de Enriquez
30. Iucatán 4 161 425 22.140 Mérida
31. Zacatecas 39 279 54.135 Zacatecas
32. Distrito Federal 1 243 975 21.658

[editar] Xeografía

Ver artigo principal: Xeografía de México.
Mapa de México
Mapa de México

Localizado na parte sudoeste do continente norteamericano e de forma aproximadamente triangular, México extendese por máis de 3000 Km de noroeste a sueste. A súa longura varia entre máis de 2000 km no norte e menos de 220 km no istmo de Tehuantepec, no sur. O México ten litorais en dúas grandes masas de auga: o océano Pacífico (co golfo de California entre o continente e maila península da Baixa California) a occidente e, a oriente, o golfo do México e mailo mar Caribe, que conduce ao océano Atlántico. Nos litorais atópanse planicies costeiras, ao paso que o México central consiste de planaltos elevados e montañas escarpadas, incluindo vulcáns, o máis elevado dos cais é o Pico de Orizaba, con 5610 m de altitude.

O terreo e o clima varían dos desertos do norte á fraga húmida tropical no sur. Os principais ríos mexicanos son o Río Bravo del Norte (tamén coñecido como Río Grande), o Grijalva, o Balsas e o Yaqui.

[editar] Economía

Ver artigo principal: Economía de México.

O México ten unha forte economía de mercado que recentemente superou 1 millón de millóns de dólares, e que mistura industrias modernas e tanben antigas, e aínda agricultura. Administracións recentes aumentaron a competición empresarial nos portos, ferrocarrís, telecomunicacións, xeneración de enerxía, distribución de gas natural e nos aeroportos.

A renda per capita mexicana é 1/4 da estadounidense, e a distribución da riqueza é moi desigual. O comercio cos Estados Unidos triplicou despois da entrada en vigor do NAFTA, o acordo de libre comercio entre os dois paises e o Canadá.

[editar] Demografía

Ver artigo principal: Demografía de México.
Ver artigo principal: Inmigración en México.

O México é o país máis populoso de lingua española do mundo e o segundo país máis populoso da América Latina, despois do Brasil. Preto do 65% da poboación é de etnia mestiza (os mestizos), 20% son amerindios e 15% de orixe europea. O país é predominantemente católico romano (89%), cun 6% de adhesión a varias fés protestantes e os restantes 5% ou a adherir a relixións máis pequenas ou sen relixión.

[editar] Cultura

Ver artigo principal: Cultura de México.

[editar] Feriados

Data Festa local
1 de xaneiro Ano Novo
5 de febreiro Día da Constitución
21 de marzo Natalicio de Benito Juárez
1 de maio Día do Traballo
16 de setembro Día da Independencia
20 de novembro Revolución Mexicana
25 de decembro Nadal

[editar] Deportes

[editar] Referencias

  1. [INEGI]],Consulta de resultados. Numeralia (Publicaciones de contenido general sobre el país), http://www.inegi.gob.mx/est/contenidos/espanol/proyectos/integracion/inegi324.asp?s=est&c=11722#tres

[editar] Véxase Tamén

[editar] Ligazóns externas


Países do mundo | América do norte
Canadá - Estados Unidos de América - México
Países con parte do seu territorio en América do norte

Dinamarca (Grenlandia) | Francia (San Pedro e Miquelón) | Reino Unido (Bermuda)


Ferramentas persoais
Outras linguas