Portal:Deportes gaélicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os deportes gaélicos son deportes practicados principalmente en Irlanda. Os dous principais deportes son o fútbol gaélico e o hurling. Estes son deportes de pelota xogados entre dous equipos integrados por quince xogadores que xogan nun campo rectangular de herba cunha portería en forma de "H" en cada extremo. Estes deportes son os máis populares en Irlanda e o seu obxectivo e anotar introducindo a pelota (ou sliotar no hurling) na portería do equipo contrario (o que se denomina gol, igual a tres puntos) ou por riba da barra (para un punto). O equipo gañador é o que anotara máis puntos ao final do partido. Tanto o fútbol gaélico como o hurling teñen a súa versión feminina, que no caso do último é denominada camogie. Os outros deportes gaélicos son a pelota gaélica, e o rounders.

A Asociación Atlética Gaélica (coñecida polas súas siglas en inglés GAA), con sede no estadio de Croke Park en Dublín, encárgase de fomentar e organizar as competicións deportivas destes deportes.

Artigo destacado

editar

Croke Park (irlandés: Páirc an Chrócaigh) é un estadio da cidade de Dublín (República de Irlanda) e sede da Asociación Atlética Gaélica (GAA), a organización deportiva máis grande do país. Está situado no centro da cidade e ten capacidade para máis de 82.300 espectadores, o que converte ao recinto no estadio máis grande de Irlanda e o terceiro de Europa. O estadio serve para a práctica de deportes gaélicos como o fútbol gaélico e o hurling.

A Asociación Atlética Gaélica negouse a realizar partidos de fútbol e rugby en Croke Park durante décadas, por ser deportes de orixe británica. Cando o estadio Lansdowne Road demoleuse e reconstruíuse para converterse no Aviva Stadium, a institución permitiu que se empregara o estadio entre 2007 e 2010 para a práctica de ditos deportes.

Neste recinto tivo lugar no ano 1920 unha masacre chamada Domingo Sanguento nun partido de fútbol gaélico debido ao ataque do exército inglés, que ametrallou ao público e aos xogadores que ocupaban o estadio.

Categorías

editar

Queres atopar artigos relacionados cos deportes gaélicos? Proba buscando nas seguintes categorías:

Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Biografía destacada
Imaxe destacada

editar

Partido entre a Garda Síochána e as Forzas de Defensa Irlandesas.
Vexa o artigo camogie.


Sabías que...?

editar


Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Baloncesto
Baloncesto

Baloncesto

Balonmán
Balonmán

Balonmán

Fórmula 1
Fórmula 1

Fórmula 1

Hóckey a patíns
Hóckey a patíns

Hóckey a patíns

Hóckey sobre xeo
Hóckey sobre xeo

Hóckey sobre xeo

Rugby
Rugby

Rugby

Proxectos irmáns