Portal:Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rusia, (en ruso: Россия, transliteración: Rossiya, ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Kuriles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o Océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta con Xapón, ao sur con Corea do Norte, China, Mongolia, Casaquistán, o Mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co Golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.


Artigo destacado - Избранная Статья

editar

A estrea da Sinfonía n.º 7 de Shostakovich en Leningrado tivo lugar o 9 de agosto de 1942 durante a segunda guerra mundial, mentres a cidade de Leningrado (actual San Petersburgo) era sitiada polas forzas da Alemaña nazi.

Dmitrii Shostakovich tiña a intención de que a obra fora estreada pola Orquestra Filharmónica de Leningrado, mais a causa do sitio esta foi evacuada da cidade, así como o propio compositor. A estrea mundial da sinfonía tivo lugar en Kuibyshev coa Orquestra do Teatro Bolshoi. A estrea en Leningrado foi realizada polas persoas sobreviventes da Orquestra da Radio de Leningrado, con reforzos de músicos militares. A maioría das persoas que integraban a orquestra estaban famentas, o que dificultou os ensaios: desmaiábanse frecuentemente durante os ensaios, e tres morreron. A orquestra só foi capaz de tocar a sinfonía ata o final unha vez antes do concerto...


Imaxe destacada - Избранные фото

editar

Entrada da Igrexa dos Antigos Crentes de San Nicolao de Moscova


Sabías que...? - Знаете ли вы, что...?

editar


Biografía destacada - Избранная Персоналии

editar

Aleksei Nikolaevich Romanov (en ruso: Алексе́й Никола́евич Ромáнов), nado en Peterhof o 12 de agosto de 1904 e finado en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918, foi o derradeiro tsarévich de Rusia. Foi o quinto fillo e único home nado do matrimonio ente o tsar Nicolao II de Rusia e Alexandra Fedorovna. O seu título oficial era Súa Alteza Imperial, Tsarévich e Gran Duque da Rusia. Aleksei Nikolaevich é santo da Igrexa Ortodoxa Rusa como San Aleksei portador da Paixón...


Símbolos históricos - Исторические символы

editar


Himno do Imperio Ruso
gravación de 1915.


Artigos de calidade e bos
Categorías - Категории
Proxectos relacionados

editar

Wikipedia:Wikiproxecto Rusia
Wikipedia:Wikiproxecto Rusia

Wikiproxecto Rusia

Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario