Xogos Panamericanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da ODEPA.

Os Xogos Panamericanos son un evento multideportivos, que ten como base os Xogos Olímpicos e son organizados pola Organización Deportiva Panamericana (ODEPA). Son como unha versión aos Xogos Olímpicos modernos, nos que participan os países do continente americano.

Nos Xogos Panamericanos dispútanse deportes incluídos no Programa Olímpico e outros non disputados en Olimpíadas. Acontecen cada catro anos e, tradicionalmente, seguen unha rotación entre as tres rexións do continente: América do Sur, Central e do Norte. A primeira edición foi realizada en Buenos Aires, capital da Arxentina, en 1951.

Edicións[editar | editar a fonte]

Os Xogos Panamericanos comezáronse a disputar no ano 1951 en Buenos Aires. Dende aquela, os xogos disputáronse ininterrompidamente cada catro anos en cidades de toda América. No ano 1990 houbo un intento de celebrar de Xogos Panamericanos de Inverno, mais non se levaron a cabo.

Verán[editar | editar a fonte]

Ano Xogos Sede Datas Nacións Atletas Deportes Estadio principal
1951 I Buenos Aires, Arxentina 25 de febreiro–9 de marzo 21 2.513 18 Estadio Monumental
1955 II Cidade de México, México 12–26 de marzo 22 2.583 17 Estadio Olímpico Universitario
1959 III Chicago, Estados Unidos 27 de agosto– 7 de setembro 25 2.263 18 Soldier Field
1963 IV São Paulo, Brasil 20 de abril– 5 de maio 22 1.665 19 Estádio do Pacaembú
1967 V Winnipeg, Canadá 24 de xullo–6 de agosto 29 2.361 18 Canad Inns Stadium
1971 VI Calí, Colombia 25 de xullo–8 de agosto 32 2.935 18 Estadio Olímpico Pascual Guerrero
1975 VII Cidade de México, México 12–25 de outubro 33 3.146 18 Estadio Azteca
1979 VIII San Xoán, Porto Pico 1–15 de xullo 34 3.700 22 Estadio Hiram Bithorn
1983 IX Caracas, Venezuela 14–29 de agosto 36 3.426 23 Estadio Olímpico
1987 X Indianapolis, Estados Unidos 7-23 de agosto 38 4.453 27 Indianapolis Motor Speedway / Hoosier Dome
1991 XI Cuba A Habana, Cuba 8-18 de agosto 39 4.519 26 Estadio Panamericano
1995 XII Mar del Plata, Arxentina 11–26 de marzo 42 5.144 34 Estadio José María Minella
1999 XIII Winnipeg, Canadá 23 de xullo–8 de agosto 42 5.083 34 Canad Inns Stadium
2003 XIV Santo Domingo de Guzmán, República Dominicana 1-17 de agosto 42 5.223 35 Estadio Olímpico Félix Sánchez
2007 XV Río de Xaneiro, Brasil 13–29 de xullo 42 5.633 34 Maracaná
2011 XVI Guadalaxara, México 14–30 de outubro 41 6.003 36 Estadio Omnilife
2015 XVII Toronto, Canadá 10-26 de xullo 41 6.135
estimado
36 Rogers Centre
2019 XVIII Lima, Perú 26 de xullo-11 de agosto Por celebrar Estadio Nacional
2023 XIX Chile Santiago, Chile 20 de outubro-5 de novembro Por celebrar Estadio Nacional de Chile

Inverno[editar | editar a fonte]

Ano Xogos Sede Datas Nacións Atletas Deportes
1990 I Nova Delhi, Arxentina 16–22 de setembro 8 97 1

Nacións participantes[editar | editar a fonte]

Hai 41 Comités Olímpicos Nacionais recoñecidos para participar nestes xogos.

Medalleiro histórico[editar | editar a fonte]

Véxase o artigo Medalleiro histórico dos Xogos Panamericanos.

Verán[editar | editar a fonte]

Posición País Ouro Prata Bronce Total
1 Estados Unidos de América Estados Unidos 1861 1379 932 4172
2 Cuba 839 566 527 1932
3 Canadá 377 586 733 1696
4 Brasil 287 319 460 1066
5 Arxentina 279 305 407 991
6 México 197 248 460 915
7 Venezuela 85 183 257 525
8 Colombia 82 134 195 411
9 Chile 39 85 133 257
10 Porto Rico 27 79 121 227

Inverno[editar | editar a fonte]

Posición País Ouro Prata Bronce Total
1 Estados Unidos de América Estados Unidos 4 2 5 11
2 Canadá 2 4 1 7

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]