Polonia - Polska

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Polonia")
Rzeczpospolita Polska
República de Polonia
Escudo da Polonia
Lema: Non ten
Lingua oficial Polaco
Capital Varsovia
Maior cidade Varsovia
Presidente Lech Kaczyński
Primeiro ministro Donald Tusk
Área
- Total
- % auga
69º maior
312.685 km²
2.6%
Poboación
- Total (2007)
- Densidade
33º máis poboado
38.518.241
122 h/km²;

PIB (base PPP)
- Total (2008)
- PIB per capita

24º máis rico


676.8 billóns de dólares
17.815 dólares

Independencia
- Data
Recuperada
11 de novembro, 1918
Moeda Złoty (PLN)
Fuso horario UTC +1
Himno nacional Mazurek Dąbrowskiego
TLD (Internet) .PL
Código telefónico 48

Polonia (Polska) ou, oficialmente, República de Polonia (Rzeczpospolita Polska) é un Estado da Europa Central, membro da Unión Europea desde o 1 de maio de 2004. Ao longo da historia ten sufrido diversos avatares territoriais con Alemaña, Rusia e Suecia, estando na actualidade limitada polo Mar Báltico ó norte, ó leste por Rusia, Lituania e Bielorrusia, ó sur por Eslovaquia (sureste) e Chequia (suroeste), e ó oeste por Alemaña.

Índice

[editar] Xeografía

A súa capital é Varsovia (Warszawa). Cidades importantes son Lodz (Łódź), Cracovia (Kraków), Wroclaw (Wrocław), Poznan (Poznań), Gdansk (Gdańsk), Szczecin, Bydgoszcz, Lublin e Katowice.

A paisaxe de Polonia consiste case enteiramente das terras baixas da planicie da Europa do Norte, cunha altitude media de 173 metros, incluíndo os Sudetes (incluíndo o Karkonosze) e os Cárpatos (incluíndo os montes Tatra, onde se encontra o punto máis alto da Polonia, o Rysy, com 2 499 m de altitude) forman a fronteira sur. Varios grandes rios atravesan a planicie, nomeadamente o Vístula (Wisła), o Oder (Odra), o Wadra, e o Bug Ocidental. Polonia contén máis de 9 300 lagos, especialmente no norte do país. A Masuria (Mazury) é a maior e máis visitada rexión da Polonia. Sobreviven restos dos antigos bosques.

Polonia tén un clima temperado, con invernos fríos, cubertos e moderadamente severos, con precipitacións frecuentes, e veráns suaves, con chuvascadas e treboadas frecuentes. SEO

[editar] Goberno e política de Polonia

Polonia é unha república parlamentaria de acordo coa súa constitución de 1997.

O presidente da república, que é o Xefe de Estado, é elexido por un periodo de cinco anos por sufraxio universal directo. O nomeamento do Primeiro Ministro e o seu Consello de Ministros apróbao o Sejm, o parlamento polaco. Tén un sistema bicameral, a Asemblea Nacional, Sejm, que conta con 460 deputados, e un senado de 100 membros.

O actual presidente é Lech Kaczyński, do partido Lei e Xustiza, e o primeiro ministro Donald Tusk da Plataforma Cívica.

[editar] División administrativa

Mapa de Polonia dividia en voivodias e powiats

Administrativamente Polonia divídese en 16 rexións chamadas voivodias, que se corresponden con territorios históricos:

  1. Barmia e Masuria (Warmińsko-Mazurskie)
  2. Baixa Silesia (Dolnośląskie)
  3. Kujavia e Pomerania (Kujawsko-Pomorskie)
  4. Gran Polonia (Wielkopolskie)
  5. Lebus (Lubuskie)
  6. Lodz (Lódzkie)
  7. Lublin (Lubelskie)
  8. Mazobia (Mazowieckie)
  9. Opole (Opolskie)
  10. Pequena Polonia (Małopolskie)
  11. Podlaquia (Podlaskie)
  12. Pomerania (Pomorskie)
  13. Pomerania Occidental (Zachodniopomorskie)
  14. Santa Cruz (Swiętokrzyskie)
  15. Silesia (Sląskie)
  16. Subcarpacia (Podkarpackie)

As voivodias subdivídense en powiat e estas en gminas (equivalentes a concellos). As grandes cidades teñen normalmente o status de gmina e powiat simultáneamente. Na actualidade Polonia conta con 379 powiats e 2.478 gminas.

[editar] Economía

Véxase: Economía de Polonia.

[editar] Cultura

Gdansk

A lingua oficial da República de Polonia é o polaco. Existen minorías que falan linguas oficiais nos países veciños: ucraínos, belarusos, lituanos, checos, eslovacos e alemáns. Cómpre destacar unha lingua eslava autóctona e minorizada, o caxubo. En 2005 aprobouse a Lei de Minorias étnicas e linguas rexionais que recoñece a certos concellos con minorías lingüísticas significativas establecer unha segunda lingua auxiliar que se pode utilizar xunto co polaco en contextos oficiais. Ata 2008 son 20 os concellos que estableceron esa segunda lingua: 16 o alemán, 2 caxubio, 1 lituano e 1 bielorruso.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | Austria | Bélxica | Bielorrusia | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | República da Macedonia | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Ferramentas persoais
Outras linguas