Rodeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRodeiro
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°38′57″N 7°56′50″O / 42.6493, -7.9472Coordenadas: 42°38′57″N 7°56′50″O / 42.6493, -7.9472
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
CapitalRodeiro Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.260 (2023) Editar o valor em Wikidata (14,66 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie154,2 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Luis Camiñas Vázquez (2023–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Rodeiro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36530 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE36047 Editar o valor em Wikidata

Páxina webrodeiro.gal Editar o valor em Wikidata

Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2022 tiña 2.317 habitantes. O xentilicio é rodeirao/á ou cambote/-a[1]

Topónimo[editar | editar a fonte]

Rodeiro é un topónimo latino que se refire aos cumes circulares, como poden ser os outeiros ou as localizacións de castros.[2][3][4]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e conta con 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.

Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude. Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 2700 (2015)
Menores de 15 anos 205 (7,59 %)
Entre 15 e 64 anos 1490 (55,18 %)
Maiores de 65 anos 1005 (37,22 %)
Evolución da poboación de Rodeiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.066 6.978 8.181 4.797 3.553 3.143 3.034 2.931 2.844
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.

A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos. A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.

En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra. Fernando de Camba, señor da fortaleza de Seoane de Camba, participou na toma de Granada no 1492.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Rodeiro.

Nados en Rodeiro[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Categoría:Nados en Rodeiro.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Rodeiro

Álceme (Santa María) | Arnego (Santiago) | Camba (San Xoán) | Carboentes (Santo Estevo) | Fafián (Santiago) | Guillar (Santa María) | Negrelos (San Cibrao) | Pedroso (San Xiao) | A Portela (San Cristovo) | Río (Santa María) | Riobó (San Miguel) | Rodeiro (San Vicente) | O Salto (Santo Estevo) | San Cristovo do Az (San Cristovo) | San Martiño de Asperelo (San Martiño) | San Paio de Senra (San Paio) | San Salvador de Camba (San Salvador) | Santa Baia de Camba (Santa Baia) | Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña) | Vilela (Santa María)

Lugares de Rodeiro[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rodeiro vexa: Lugares de Rodeiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 57. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Cabeza Quiles, F. (2000). Os nomes da terra. Noia: Toxosoutos. 
  3. Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 
  4. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.