Pablo Xabier López Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Xabier López Vidal
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Barbadás, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Pablo Xabier López Vidal, nado en Barbadás en 1968 e un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, exerceu como avogado, asesor xurídico e consultor en empresas privadas e en distintas institucións.

Nas eleccións municipais de 1995 e 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Barbadás e foi elixido concelleiro. Foi coordinador provincial do PSdeG-PSOE en Ourense de outubro de 2000[1] a maio de 2002. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001 foi elixido deputado, tralo cal renunciou como portavoz e concelleiro. Volveu ser elixido deputado tralas eleccións autonómicas de 2005 e 2009.

En maio de 2012 disputoulle a Secretaría provincial do PSdeG en Ourense a Raúl Fernández, finalmente de forma infructuosa[2]. Non foi incluído na candidatura do PSdeG para as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, polo cal non continuou como deputado[3] e abandonou a primeira liña política.

Asumiu a Secretaría de Organización do PSdeG-PSOE na cidade de Ourense entre xuño de 2012 e xaneiro de 2018. Dentro dos procesos orgánicos do partido tidos lugar ao longo de 2017 foi dos principais apoios de Pedro Sánchez na cidade, apoiando posteriormente a Gonzalo Caballero a nivel autonómico e a Rafael Rodríguez Villarino a nivel provincial, resultando os 3 gañadores.


Predecesor:
Gonzalo Iglesias Sueiro
 
Coordinador Provincial do PSdeG en Ourense
 
20002002
Sucesor:
Pachi Vázquez

Notas[editar | editar a fonte]