Gonzalo Iglesias Sueiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 (75/76 anos) Ourense, España |
Alcalde de Xinzo de Limia | |
1999 – 2001 – José Antonio Feijoo Alonso → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Carmen Iglesias Sueiro |
Gonzalo Iglesias Sueiro, nado en Ourense en 1948, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha familia de represaliados de esquerdas que rexentaban unha escola privada na cidade de Ourense. Estudou Maxisterio e traballou como mestre en Aneja, Ourense, Santander, Trasmiras, no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, do que foi director, e no IES de Xinzo de Limia.
Militou no PCG até 1985, tendo sido concelleiro en Xinzo de Limia tralas eleccións de 1979. Despois incorporouse ao PSdeG-PSOE e foi o candidato á alcaldía de Xinzo nas eleccións municipais de 1991 e 1995, sendo o principal grupo da oposición. Dende ese último ano foi deputado provincial e viceportavoz do PSdeG. Nas eleccións municipais de 1999 foi elixido alcalde tras alcanzar un pacto de goberno co BNG e o concelleiro de Coalición Galega José Antonio Feijóo Alonso. En virtude de dito acordo rotouse na alcaldía co candidato de CG, ó cal lle cedeu a alcaldía en xuño de 2001. Foi coordinador do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense de outubro de 1998 a outubro de 2000. Nas municipais de 2003 o goberno non puido revalidar tras recuperalo PPdeG a maioría absoluta. Continuou como portavoz en Xinzo e deputado provincial ata 2005, cando foi nomeado delegado provincial de Educación en Ourense,[1] onde se mantivo ata 2009.
Predecesor: Ramón de la Fuente Galván |
Alcalde de Xinzo de Limia 1999 - 2001 |
Sucesor: José Antonio Feijoo Alonso |
Predecesor: Xabier Casares |
Coordinador Provincial do PSdeG en Ourense 1998 – 2000 |
Sucesor: Pablo Xabier López Vidal |
Obras[editar | editar a fonte]
- Reflexións, 2010.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É irmán de Carmen Iglesias Sueiro, quen fora deputada no Parlamento de Galicia.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- «La enseñanza debería promover el espíritu crítico del alumno y no lo hace». Entrevista en La Voz de Galicia, 7 de xullo de 2016.