Novo Galeguismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Novo Galeguismo
Tipoorganización política
Ideoloxíanacionalismo galego, europeísmo, Humanismo, Socialdemocracia, Democracia cristiá, Liberalismo, Federalismo europeo e Terceira vía
Área de operaciónGalicia
Data de fundaciónsetembro de 2018
Na rede
Twitter: NovoGaleguismo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Novo Galeguismo (NOGA), é unha organización nacionalista con forma de asociación ou foro para o debate de ideas, o pensamento político e a acción cívico-política fundada en setembro de 2018 en Santiago de Compostela. Nos seus medios en liña defínese como un "espazo para o debate e a acción cívica na defensa do futuro de Galicia".[1] Está composta fundamentalmente por exdirixentes do sindicato estudantil galeguista Irmandade Galega Universitaria, e por algún exmilitante de Compromiso por Galicia, Converxencia 21 e o Partido Popular de Galicia. Defende un nacionalismo galego europeista e unha visión pluripartidista do nacionalismo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As orixes de Novo Galeguismo están na organización xuvenil e estudantil Irmandade Galega Universitaria, configurada esta última para dotar dunha organización xuvenil aos sectores máis moderados do nacionalismo galego. Logo da gradual perda de actividade de Compromiso por Galicia e a desaparición da Mocidade Nacionalista Galega e o Movemento Estudantil Universitario, un grupo de estudantes da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais lanza en novembro de 2018 a organización estudantil Irmandade Galega Universitaria[2], que contou nalgún dos seus actos coa participación de Anxo Quintana, Rafael Cuíña ou Xosé Luís Barreiro Rivas. Esta chegou a obter representación nas xuntas da propia facultade, na de Historia, Filosofía, Ciencias Económicas ou Farmacia, e tamén no claustro, en repetidos comicios.

Froito daquela actividade organizativa, algúns exdirixentes do sindicato estudantil, xunto a integrantes do colectivo O Ferrado,[3] ou militantes do Partido Galego, deciden botar a andar un foro de pensamento e acción cívico política galeguista, que traslade as reivindicacións do galeguismo defendido por Irmandade Galega Universitaria á sociedade civil. Nas súas redes teñen amosado afinidade pola idea de contar cun maior número de forzas políticas propias ademais do BNG, tamén teñen amosado o seu interese ante a idea de reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, e igualmente teñen apelado ao Partido Galeguista, Unidade Galega, Coalición Galega, o PNG-PG, como referentes noutras etapas históricas e ao Partido Nacionalista Vasco ou Coalición Canaria como referentes no exterior.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Conta de X de NovoGaleguismo". X (formerly Twitter). Consultado o 2023-11-28. 
  2. Diario, Nós (2018-12-12). "Preséntase Irmandade Galega Universitaria, a asociación “do estudantado galeguista”". Nós Diario. Consultado o 2023-11-28. 
  3. "Nós". O Ferrado (en castelán). Consultado o 2023-11-28.