Irmandade Galega Universitaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Irmandade Galega Universitaria
Tipoorganización política
Data de fundación22 de novembro de 2018
PaísGalicia
Na rede
https://irmandadegaleguista.blogspot.com/p/quen-somos.html
editar datos en Wikidata ]

Irmandade Galega Universitaria (IGU) é unha asociación estudantil fundada o 22 de novembro de 2018[1][2], que se define como galeguista, nacionalista, transversal e interclasista[3].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creada no 2018, o seu primeiro presidente foi Manuel Martínez, quen tamén foi un dos seus fundadores xunto a Serxio María Rodríguez e o exdirixente da Mocidade Nacionalista Galega e de Compromiso por Galicia Saúl Sánchez Freire, os tres politicólogos.

A organización é habitualmente identificada cun posicionamento nacionalista moderado e próximo as teses do galeguismo histórico[4], os seus dirixentes téñense reivindicado herdeiros das Mocidades Galeguistas e do Movemento Estudantil Universitario, facendo da causa nacional o eixo central do seu ideario, amplamente reivindicado na súa propaganda e actos públicos.[5]

No 2019, organizou unha conferencia na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais que supuxo a volta á vida pública de Anxo Quintana[6]. Outros dos convidados aos seus actos e conferencias teñen sido: Andoni Ortuzar, Xosé Luís Barreiro Rivas[7], Ramón Máiz, Cristina Ares, Rafael Cuiña, Xoán Bascuas, Xesús Palmou, Alba Nogueira, María Xosé Afonso, Manuel Antelo, Xosé Manuel Pérez Bouza, entre outros cargos de Compromiso por Galicia, o sector máis galeguista do Partido Popular, exdirixentes de Coalición Galega ou o Bloque Nacionalista Galego.

Como referentes noutros lugares do Estado, identifícanse fundamentalmente con Eusko Gaztedi Indarra, a Juventut Nacionalista de Catalunya ou as Juventudes Nacionalistas de Canarias, organizacións que teñen contado coa participación de IGU nos seus debates e actos públicos.

Conta con representación, fundamentalmente, nas facultades de Ciencias Políticas e Historia da USC, e participa activamente do foro Novo Galeguismo. O seu presidente é Carlos Martínez Eirín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Preséntase IGU, a asociación do estudantado galeguista.". Irmandade Galeguista. Consultado o 23 de xuño de 2019. 
  2. Redacción (12 de decembro de 2018). "Preséntase Irmandade Galega Universitaria, a asociación “do estudantado galeguista”". nosdiario.gal (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2024. 
  3. "Nace Irmandade Galega, unha asociación estudantil "herdeira do galeguismo histórico"". Galicia Confidencial. Consultado o 23 de xuño de 2019. 
  4. "irmandadega". X (formerly Twitter). Consultado o 2023-11-21. 
  5. "Preséntase Irmandade Galega Universitaria, a asociación “do estudantado galeguista”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2019. Consultado o 23 de xuño de 2019. 
  6. Xaime Leiro (14 de febreiro de 2019). "Quintana defiende más autogobierno por "pragmatismo"". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2019. 
  7. "irmandade galega universitaria: Busca de Google". www.google.com. Consultado o 2023-11-21.