Carol Hanisch
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 (81/82 anos) Iowa, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Drake University (en) - xornalista |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , activista polos dereitos das mulleres |
Lingua | Lingua inglesa |
Páxina web | carolhanisch.org |
Carol Hanisch, nada en 1942, é unha xornalista e activista estadounidense do feminismo radical. O seu slogan máis coñecido é “o persoal é político” (The Personal is Political) recollido nun ensaio co mesmo nome, publicado en 1969.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formada en xornalismo pola Universidade Drake, uniuse en 1965 ó Movemento de Dereito Civil do Mississippi onde entendeu a forza da unión en loitas de minorías contra a opresión.[2]
É fundadora do grupo Mulleres Radicais de Nova York (New York Radical Women), tamén editou o libro Redstockings, Feminist Revolution, publicado en 1975 e creou o xornal Meeting Ground, un impreso que circulou dende 1978 até 1992.
Unha das súas accións máis importantes foi a protesta contra o concurso Miss América de 1968.[3] Carol foi unha das catro mulleres, que interrompeu o proceso. A tensión creada atraeu moita atención para o Movemento de Liberación da Muller.[2]
Hanisch participou tamén de diversas outras loitas, tales como as contra o racismo, o apartheid na Suráfrica, e o imperialismo americano.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Smith, Dale M. (2012). Poets Beyond the Barricade: Rhetoric, Citizenship, and Dissent after 1960 (en inglés). University of Alabama Press. p. 153–. ISBN 9780817317492.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Páxina de Carol Hanisch (ed.). "Women of the World, Unite!" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ Buchanan, Paul D. (2011). Radical Feminists: A Guide to an American Subculture: A Guide to an American Subculture (en inglés). ABC-CLIO. p. 124–. ISBN 9781598843576.