Benita Moreno
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1792 A Coruña, España |
Morte | 29 de xaneiro de 1872 (79 anos) El Puente del Arzobispo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera |
Lingua | Lingua castelá |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Fillos | Ángela Moreno de Farro (en) , Luisa de Santa Maria (en) |
Pai | Francisco Javier Moreno |
Irmáns | Francisca Moreno |
Benita Moreno Ponce de León, nada na Coruña o 31 de outubro de 1792[1] e finada en El Puente del Arzobispo (provincia de Toledo) o 29 de xaneiro de 1872,[2][3] foi unha soprano española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla do violinista e compositor madrileño Francisco José Moreno, pasou parte da súa infancia en Santiago de Compostela, localidade onde seu pai tiña a praza de músico da catedral.[4] Tiña oito anos cando marchou cos seus pais a Italia[5], onde estudou canto e co tempo chegou a debutar como prima donna na ópera La festa della rosa[6] de Stefano Pavesi, no Gran Teatro La Fenice de Venecia,[4] recibindo unha morea de aplausos. Máis tarde actuou nos principais teatros de Europa. Con vinte anos volveu a España recollendo novos éxitos nos teatros[7], entre eles o Teatro Príncipe de Madrid,[8] sendo moi aclamada. En Madrid foron moitos os triunfos desta cantante e da súa irmá Francisca e mesmo Fernando VII as apreciaba moito, ó igual que os grandes da súa corte.[3][6]
Ela e a súa irmá foron as primeiras en introducir a ópera italiana en España[3], chegando a figurar entre as artistas de ópera con máis sona en Europa. Concretamente introduciron ó público español na obra de Rossini,[3] coa estrea en Madrid da obra L'italiana in Algeri na súa versión traducida ó castelán o 29 de setembro de 1816[4] con motivo do casamento de Fernando VII con María Isabel de Braganza.[9][10]
Diversos escritores da época dedicáronlle numerosas poesías, cheas de eloxios cara ás dúas artistas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Menedez Pidal, coruñés de cuna". ABC (xornal) (Córdoba) (en castelán). 13 de marzo de 1969. p. 20. Consultado o 24 de xullo de 2018.
- ↑ Saldoni, Baltasar (1868). Diccionario biográfico-bibliográfico de efemérides de músicos españoles II. Madrid: Imprenta á Cargo de D. Antonio Perez Dubrull.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Segunda edición : avisos". La Correspondencia de España : diario universal de noticias. 6 de febreiro de 1872. p. 2.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Marco, Aurora (decembro de 1993). "En volta da música e as músicas (1)" (PDF). Andaina :Revista Galega de Pensamento Feminista (7): 44.
- ↑ Diccionario Biográfico del Trienio Liberal. 1991.
- ↑ 6,0 6,1 Lanza Álvarez, Francisco (1953). Dos mil nombres gallegos.
- ↑ Saldoni, Baltasar (1881). Diccionario biográfico-bibliográfico de efemérides de músicos españoles. III-IV.
- ↑ "Arza Pilili:Canción Garitana [Sic](...) Cantada En El Teatro Del Príncipe En La Ópera Marc' Antonio Y Lamodista Por La Sª Benita Moreno, Primera Cantatriz En Dicho Teatro". Open Music Library. Consultado o 24 de xullo de 2018.
- ↑ Boïlls, Juan B. Cuatro palabras para un libro. Cuadernos artesanos, 27. Anexo: Edición crítica.
- ↑ Soriano Fuertes, Mariano (1856). Historia de la música española desde la venida de los fenicios hasta el año de 1850 (en castelán) IV. p. 280.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Moreno, Bieita". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 8.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Enciclopedia universal ilustrada europeo americana (en castelán) 36. Espasa-Calpe. 1978. p. 1003. ISBN 84-239-4536-7.
- Alvarellos Iglesias, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 206. ISBN 84-85311-96-5.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. p. 289. ISBN 978-84-8341-146-9.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sacau, Enrique (3/6/2002). "De Moreno a Moreno: Rossini en La Coruña" mundoclasico.com (en castelán).