Alejandro López Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlejandro López Sánchez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1988 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Peso64 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Número deportivo4 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2005-2006cesión Sociedade Deportiva O Val
2005-2007 Racing de Ferrol 5(0)
2007-2009 Narón Balompé Piñeiros
2009-2010 Celta Fortuna 36(13)
2009-2017 Real Club Celta de Vigo 107(11)
2015-cesión Sheffield Wednesday Football Club
2016-2017cesión Real Valladolid 30(1)
2017-2018 Real Sporting de Gijón
2019- Racing de Ferrol Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2004-2004   Selección de fútbol sub-16 de España 1(0)
2005-2005   selección de fútbol sub-17 de España 2(0)
2024-   Selección de fútbol de Galicia 1(0) Editar o valor em Wikidata

Alejandro "Álex" López Sánchez, nado en Ferrol o 11 de xaneiro de 1988, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Racing de Ferrol da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol e debutou co primeiro equipo con só 15 anos, nun partido ante o Deportivo da Coruña no Trofeo Concepción Arenal de 2003.[1] O seu debut en partido oficial produciuse o 15 de maio de 2005, nun partido da Segunda División.[2] Con tan só dezasete anos, Álex substituíu o seu compañeiro Cyril Granon no minuto 78 do partido que enfrontaba os ferroláns contra o Club Deportivo Tenerife, e que se saldou cun empate a dous tantos.

Pola falta de oportunidades no Racing, decidiu buscar outros equipos nos que demostrar as súas posibilidades. Así, tras lograr a carta de liberdade, no mercado de inverno da tempada 2006/07 asinou polo Narón Balompé da Terceira División. Tras tres campañas nesta categoría, os seus numerosos goles espertaron o interese do Celta de Vigo, polo que o 3 de xuño de 2009, e tras unha dura pugna entre o o club vigués e o Racing de Ferrol, confirmouse finalmente a súa fichaxe polo club celeste[3].

Tras pasar uns meses no filial celeste, o 9 de xaneiro de 2010 é convocado por Eusebio Sacristán para o duelo que o Celta disputou contra o Nàstic de Tarragona[4]. Con todo, non chegou a xogar ningún minuto, e o seu debut como membro do primeiro equipo viuse aprazado ata o día 13 de xuño de 2010, no partido que enfrontaba o Celta de Vigo contra a Real Sociedad.

No verán de 2019 regresou á súa cidade natal para formar de novo no Racing de Ferrol.

Selección galega[editar | editar a fonte]

Álex López coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[5]

Clubs[editar | editar a fonte]

Ano Club División Encontros Goles
2004-2005 Racing de Ferrol Segunda 2 0
2005-2006 SD O Val (cedido) Terceira
2006-2007 Racing de Ferrol Segunda B 3 0
2007-2008 Narón BP Terceira
2008-2009 Narón BP Terceira
2009-2010 Celta de Vigo B Segunda B 36 13
2009-2010 Celta de Vigo Segunda 2 0
2010-2011 Celta de Vigo Segunda 35 3
2011-2012 Celta de Vigo Segunda 36 6
2012-2013 Celta de Vigo Primeira 33 2
2013-2014 Celta de Vigo Primeira 31 5
2014-2015 Celta de Vigo Primeira 25 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Álex López y el recuerdo de su debut con 15 años ante el Deportivo en un Concepción Arenal" (en castelán). 12 de abril de 2023. Consultado o 15 de abril de 2023. 
  2. "O Racing fixo debutar a Álex López con 17 anos.". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 08 de xullo de 2010. 
  3. Álex López pecha a puerta ao Racing
  4. Álex López: "Debutar marcando sería un soño"
  5. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]