Álvaro Carreras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlvaro Carreras
Biografía
Nacemento(gl) Álvaro Fernández Carreras Editar o valor em Wikidata
23 de marzo de 2003 Editar o valor em Wikidata (21 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,86 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor em Wikidata
Número deportivo33 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2022- Manchester United F.C. 0(0)
2022-2023cesión Preston North End Football Club 39(0)
2023-cesión Granada Club de Fútbol 10(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2019-   selección de fútbol sub-17 de España 2(0)
2023-   Selección de fútbol sub-21 de España 5(0)
2024-   Selección de fútbol de Galicia 1(0) Editar o valor em Wikidata

UEFA: 250153945 Editar o valor em Wikidata

Álvaro Fernández Carreras, nado en Ferrol o 23 de marzo de 2003, é un futbolista galego que xoga como lateral esquerdo no Granada, da Primeira División, cedido polo Manchester United.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Galicia de Caranza e do Racing de Ferrol, entrando en 2012, con nove anos, na canteira do Deportivo da Coruña [1]. En 2017, despois de cinco anos no equipo coruñés, ingresou na estrutura do Real Madrid, onde pasou tres anos, os dous primeiros nos equipos cadetes e o terceiro no xuvenil C.[1]

Manchester United[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2020/21 fichou polo equipo sub-23 do Manchester United, co que competiu durante dous anos na Premier League 2, ademais de xogar tamén algúns encontros co equipo sub-18.[1] Disputou o EFL Trophy, a FA Youth Cup e a Liga Xuvenil da UEFA, sendo un habitual das aliñacións titulares e pechou o seu paso polas categorías inferiores do Manchester cun total de 62 partidos, 7 goles e 13 asistencias.

Foi tamén convocado por Ralf Rangnick para os catro últimos partidos do primeiro equipo, aínda que non chegou a saír do banco de suplentes.[1]

Cesión ao Preston North End[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2022/23 foi cedido ao Preston North End do Championship, segunda categoría do fútbol inglés.[2] Debutou o 30 de xullo de 2022, substituíndo ao irlandés Robbie Brady na segunda parte dun partido ante o Wigan Athletic, e acabou a tempada cun total de 42 partidos e 6 asistencias.

Cesión ao Granada[editar | editar a fonte]

En setembro de 2023 anunciouse o seu regreso a España, cedido por un ano ao Granada.[3] Debutou na Primeira División na quinta xornada da tempada 2023/24 ante o Girona no Nuevo Los Cármenes, substituíndo nos minutos finais a Bryan Zaragoza.[4]

Internacional[editar | editar a fonte]

Selección española[editar | editar a fonte]

En 2019 disputou dous partidos coa selección española sub-19, fronte a Israel. O 8 de setembro de 2023 debutou coa selección sub-23, nunha goleada por 0-6 ante Malta.[5]

Selección galega[editar | editar a fonte]

Álvaro Carreras coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Antelo, Iván (26 de xullo de 2022). "Álvaro Carreras buscará la Premier con el Preston". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  2. "Álvaro Fernández Carreras, la perla española del United, cedido al Preston". Marca (en castelán). 26 de xullo de 2022. Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  3. Cejudo, José Ignacio (2 de setembro de 2023). "Álvaro Fernández firma cedido por el Granada" (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  4. "Granada - Girona: resumen, resultado y goles del partido de LaLiga EA Sports". Marca (en castelán). 19 de setembro de 2023. Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  5. "Un estreno brillante con goles y buen fútbol (0-6)". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). 8 de setembro de 2023. Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  6. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]