Saltar ao contido

Verdad y Justicia (Lalín)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Verdad y Justicia

Editar o valor em Wikidata
Fundación1922
Remata1924
LocalidadeLalín
editar datos en Wikidata ]

Verdad y Justicia foi un periódico bimestral que se editou en Lalín entre 1922 e 1924.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 18 de abril de 1922. De tendencia agrarista, foi fundado polos emigrantes retornados de Cuba Máximo López Carral e Jesús Iglesias Surribas. Máximo López foi o seu primeiro director e Jesús Iglesias o administrador. Cando Máximo López volveu a Cuba en setembro de 1923, Jesús Filloy converteuse en director. Entre os seus colaboradores figuraban Jesús Filloy e Xesús Froiz. Foi acosado polas autoridades e atacado pola Igrexa; en xaneiro de 1923 o bispo de Lugo prohibiu a súa lectura. Cesou a súa publicación en decembro de 1924 cando o seu administrador, Jesús Iglesias volveu precipitadamente a Cuba.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Iglesias, Manuel (2002). "Os emigrantes e a transformación social na Comarca de Deza (1910-1936)". Fomento de la Instrucción Gallega. Vigo: Ir Indo. pp. 67–86. ISBN 84-7680-392-3. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]