Saltar ao contido

Richard Axel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRichard Axel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Stuyvesant High School (en) Traducir
Johns Hopkins School of Medicine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNeurobioloxía, neuroloxía e Fisioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbioquímico , neurólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorJohns Hopkins School of Medicine (en) Traducir
Universidade de Columbia
Instituto Médico Howard Hughes Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCornelia Bargmann
Premios

Richard Axel, nado o 2 de xullo de 1946 en Brooklyn, Nova York, é un médico, investigador e profesor universitario estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A finais da década de 1970, xunto co microbiólogo Saul J. Silverstein e o xenetista Michael H. Wigler, descubriu unha técnica de transformación xenética, un proceso que permite que un ácido desoxirribonucleico (ADN) foráneo se poida inserir nunha célula hóspede para producir certas proteínas.

Tamén é especialista do sistema olfactivo, e xunto con Linda B. Buck, acadou a clonación de receptores olfactivos, demostrando que proveñen da familia dos receptores adaptados da proteína G. Analizando o ADN de ratas estimaron que cando menos habería máis de mil xenes diferentes para os receptores olfactivos no xenoma dos mamíferos. Así mesmo, estudando a recepción olfactiva dos mamíferos e a Drosophila melanogaster observou unha semellanza incríbel entre estas especies que o levou a crer que os principios da discriminación do olor poden estar conservados durante uns 500 millóns de anos.

No 2004 foi galardoado, xunto con Linda B. Buck, co Premio Nobel de Medicina polas súas investigacións dos receptores e a organización do sistema olfactivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]