Angeliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Ángel Esmorís Tasende»)
Infotaula de personaAngeliño

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Ángel Esmorís Tasende Editar o valor em Wikidata
4 de xaneiro de 1997 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Silván (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAngeliño Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura171 cm Editar o valor em Wikidata
Peso69 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaMajor League Soccer, Segunda División Española, Eredivisie, Premier League e Fußball-Bundesliga Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoLateral e extremo centrocampista Editar o valor em Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2014-2018 Manchester City 0(0)
2015-2015cesión New York City FC 14(0)
2017-2017cesión Girona Futbol Club 0(0)
2017-2017cesión RCD Mallorca 17(0)
2017-2018cesión NAC Breda 34(3)
2018-2019 PSV Eindhoven 34(1)
2019-2021 Manchester City 6(0)
2020-2021cesión RB Leipzig 39(5)
2021- RB Leipzig 29(2)
2022-2023cesión TSG 1899 Hoffenheim 33(0)
2023-cesión Galatasaray Spor Kulübü
2024-cesión Associazione Sportiva Roma Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2013-2013   selección de fútbol sub-17 de España 1(0)
2016-   Selección de fútbol de Galicia 1(0)
2018-   Selección de fútbol sub-21 de España 2(0) Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsDaniel Esmorís Tasende Editar o valor em Wikidata

Twitter: angel_tasende69 Instagram: angelino_69 UEFA: 250064356 Editar o valor em Wikidata

José Ángel Esmorís Tasende, coñecido como Angeliño, nado en Silván[1] (Erbecedo, Coristanco) o 4 de xaneiro de 1997, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo na Roma, da Serie A italiana, cedido polo RB Leipzig alemán.

É irmán do tamén futbolista Dani Tasende.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros pasos[editar | editar a fonte]

Angeliño uniuse ó Deportivo da Coruña en 2007 con dez anos de idade, tras comezar a xogar ó fútbol nas Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz do Bergantiños.[2][3] Ocupou varias posicións comezando de porteiro, ata que no Deportivo asentouse definitivamente como lateral esquerdo.[4] Xogou durante seis anos nas categorías inferiores do club herculino.

Manchester City (1ª etapa)[editar | editar a fonte]

O 8 de xullo de 2012 asinou un contrato de catro anos co Manchester City, facéndose efectivo en xaneiro do ano seguinte.[5] Inicialmente asignado ó equipo sub-18, xogou regularmente co equipo de reservas na Premier League sub-21 con só dezaseis anos.[6] Co club inglés disputou a Liga Xuvenil da UEFA, onde foi elixido no once ideal.[7][8]

0 2 de decembro de 2014 foi convocado como suplente do primeiro equipo por Manuel Pellegrini no partido que gañou o Manchester City por 1–4 no campo do Sunderland.[9]

Cesión ao New York City[editar | editar a fonte]

Foi cedido ó New York City FC en 2015.[10] Debutou co equipo profesional o 12 de xullo de 2015 no empate 4–4 contra o Toronto FC.[11] O seu primeiro partido como titular foi contra o New England Revolution, xogando os 90 minutos.[12] Co equipo neoiorquino xogou un total de 14 partidos e deu 4 asistencias.

Regreso a Manchester[editar | editar a fonte]

Tras rematar a súa cesión volveu a Manchester, onde continuou xogando na Premier League sub-21. Ademais o 30 de xaneiro de 2016 debutou co primeiro equipo na vitoria na casa do Aston Villa por 0–4 nunha eliminatoria da FA Cup, substituíndo a Clichy no minuto 81.[13] Ese mesmo ano debutou en competición europea da man do adestrador Pep Guardiola, nun partido de clasificación para a Liga de Campións, no que o seu equipo venceu ao Steaua Bucarest no Etihad Stadium.[14]

Cesión ao Girona e ao Mallorca[editar | editar a fonte]

Angeliño en 2014.

A finais de decembro de 2016 foi presentado como novo xogador do Girona en calidade de cedido,[15] pero só un mes despois, e sen chegar a debutar por mor de desacordos entre o Girona e o City, deixou o equipo, sendo cedido ao Mallorca.[16][17] No equipo balear xogou 17 partidos e viviu o descenso á Segunda División B ao final da tempada.[18]

Cesión ao NAC Breda[editar | editar a fonte]

Na tempada 2017/18 xogou no NAC Breda na Eredivisie, a primeira división do fútbol neerlandés. No equipo de Breda disputou de xeito íntegro todos os partidos de liga e copa, anotou tres goles, deu seis asistencias, foi elixido catro veces "talento do mes" e finalmente foi incluído no once ideal da propia liga.[19] As súas boas actuacións fixeron que o PSV Eindhoven lle ofrecese ao City sete millóns de euros polo seu traspaso.[20]

PSV Eindhoven[editar | editar a fonte]

No PSV foi titular indiscutible durante toda a tempada 2018/19, disputando de inicio todos os partidos da liga neerlandesa e da Liga de Campións. Nesta última competición debutou o 18 de setembro de 2018, na derrota por 4-0 do seu equipo fronte ao FC Barcelona no Camp Nou. En total entre as dúas competicións anotou un gol e repartiu once asistencias, logrando finalmente o subcampionato de liga.[21]

Manchester City (2ª etapa)[editar | editar a fonte]

O seu rendemento nos Países Baixos fixo que Txiki Begiristain, director deportivo do Manchester City, o volvese chamar para o club adestrado por Guardiola, exercendo en xullo de 2019 a opción de recompra que mantiñan. Asinou un contrato por catro anos.[21] Un mes despois da súa chegada gañou o seu primeiro título, a FA Community Shield, despois de derrotar o Liverpool, aínda que Angeliño quedou no banco durante o partido disputado no Wembley Stadium. No club inglés dispuxo de poucos minutos, disputando só seis partidos de liga na primeira metade da tempada 2019/20, polo que en xaneiro foi cedido ao RB Leipzig alemán.[22]

Cesión ao RB Leipzig[editar | editar a fonte]

Angeliño realizando un saque de banda nun partido da Bundesliga do RB Leipzig contra o Borussia Dortmund en 2021.

Cando Angeliño chegou ao Leipzig a metade de tempada, este ocupaba a primeira posición da táboa na Bundesliga.[22] Disputou case todos os partidos como titular e anotou un gol na vitoria do seu equipo fronte ao FC Schalke 04 por 0-5.[23] Finalmente remataron a liga en terceira posición. O 13 de agosto de 2020 no Estádio José Alvalade de Lisboa, Angeliño deulle a Tyler Adams a asistencia para facer o segundo e definitivo gol fronte ao Atlético de Madrid e meter ao Leipzig nunhas semifinais da Liga de Campións, só 11 anos despois da fundación do club.[24][25]

O 8 de setembro o RB Leipzig anunciou que o futbolista xogaría como cedido no club alemán outra tempada máis.[26] O 20 de outubro, no primeiro partido do seu equipo na Liga de Campións 2020-21, Angeliño marcou dous goles na vitoria por 2-0 sobre o İstanbul Başakşehir FK, debutante na competición.[27] En decembro liderou o seu equipo na vitoria por 3-2 fronte ao Manchester United, cun gol e dúas asistencias que clasificaron ao club alemán para oitavos de final e deixaron fóra ao equipo de Solskjær.[28]

RB Leipzig[editar | editar a fonte]

Angeliño co RB Leipzig nun partido amigable contra o Liverpool en 2022.

O 12 de febreiro de 2021 Angeliño cumpriu fronte ao FC Augsburg o número de partidos estipulado no contrato para que o Leipzig tivera que facer efectiva obrigatoriamente a opción de compra sobre o xogador. Deste xeito o futbolista galego quedou desvinculado do Manchester City, sendo traspasado ao club alemán por 18 millóns de euros.[29][30] Rematou a liga como subcampión, mentres que na Liga de Campións o equipo caeu en oitavos de final ante o Liverpool, eliminatoria cuxo partido de volta Angeliño non puido xogar por mor dunha lesión muscular.[31] Mantivo unha tensa relación durante a parte final da tempada co adestrador Julian Nagelsmann, que se pechou coa non inclusión do futbolista na convocatoria para a final da Copa de Alemaña,[32] que o seu equipo acabou perdendo fronte ao Borussia Dortmund de Erling Haaland.[33]

Na tempada 2021/22 o equipo quedou cuarto na Bundesliga e quedou eliminado da Liga de Campións na fase de grupos, na que que acabou terceiro. Pasou así á Europa League, competición na que acadou as semifinais. No partido de ida, Angeliño marcou o único gol do partido ante o Rangers (1-0),[34] pero o equipo escocés remontou no encontro de volta no Ibrox Stadium, privando o equipo alemán da súa primeira final europea.[35] En maio de 2022 conquistou a DFB-Pokal, o primeiro título na historia do club, aínda que non chegou a saltar ao campo na final ante o Freiburg.[36]

Cesión ao Hoffenheim[editar | editar a fonte]

No verán de 2022 o Leipzig incorporou ao internacional alemán David Raum para o lateral esquerdo, polo que Angeliño quedou sen sitio no equipo. Saíu entón cedido ao Hoffenheim, da mesma liga.[37] Disputou 35 encontros co club de Baden-Württemberg, repartindo 12 asistencias e marcando un tanto na goleada por 5-1 sobre o Schalke 04 en partido de Copa,[38] e acabou a liga na 12ª posición.

Cesión ao Galatasaray[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2023/24 volveu saír cedido, desta vez ao Galatasaray, converténdose así no segundo futbolista galego en xogar na Süper Lig turca, despois do vilagarcián Dani Abalo.[39] Debutou co seu novo equipo o 25 de xullo, nun partido da fase previa da Liga de Campións ante o Žalgiris lituano e un mes despois marcou o seu primeiro gol, na mesma competición e diante do Molde noruegués, facendo de libre directo o gol da vitoria no tempo de desconto (2-1), triunfo co que o conxunto turco certificou a súa clasificación para a fase de grupos do máximo torneo continental.[40] Foi titular durante as seguintes semanas, pero acabou perdendo o seu oco no once titular en favor de Barış Alper Yılmaz, considerando o técnico Okan Buruk que o internacional turco contaba con mellores habilidades defensivas.[41]

O 12 de decembro xogou ante o Copenhague o seu 19º partido co Galatasaray. O seu contrato co club contiña unha cláusula pola que o Galatasaray debía exercer obrigatoriamente a súa opción de compra sobre o xogador disputaba 20 encontros. Sen intención de pagar o seu traspaso, o club non volveu aliñar o futbolista galego, que deixou Istambul no mercado invernal.[41]

Cesión á Roma[editar | editar a fonte]

Trala súa saída do Galatasaray, o RB Leipzig cedeuno de novo, desta vez á Roma, sendo unha petición expresa do novo adestrador do club, Daniele De Rossi, que viña de substituír ao cesado José Mourinho.[42]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

En novembro de 2013 debutou coa selección española sub-20 nun partido contra Alemaña.

O 20 de maio de 2016 xogou de titular coa selección galega un partido amigable no estadio de Riazor contra a selección de Venezuela, que rematou con empate a un gol.

Familia[editar | editar a fonte]

O seu irmán máis novo, Dani Tasende, formouse na canteira do Bergantiños e xoga no Villareal B de Segunda División B.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Manchester City
RB Leipzig

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Centeno, Alexandre; Antelo, Iván (5 de agosto de 2016). "Angeliño convence a Pep Guardiola". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  2. "Angeliño regresó a As Eiroas en Carballo". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 2015. 
  3. "Angeliño, un coristanqués que crece a pasos agigantados". Adiante Galicia (en castelán). 4 de decembro de 2014. 
  4. Girona FC (30 de decembro de 2016). Entrevista a Angeliño (Youtube) (en castelán). Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  5. "El City ficha a otro joven talento gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2012. 
  6. "Angeliño asombra a Europa". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 2013. 
  7. "Angeliño nuevo jugador del Girona" (en castelán). 13 de agosto de 2020. Consultado o 11 de agosto de 2023. 
  8. "Angeliño, en el once ideal de la Champions". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de abril de 2014. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  9. Johnston, Neil (2 de decembro de 2014). "Sunderland 1-4 Manchester City". BBC Sport (en inglés). 
  10. "New York City FC Sign Angelino on Season-Long Loan" (en inglés). 
  11. "New York City FC v Toronto FC". MLS MatchCenter (en inglés). 
  12. "New York City FC at New England Revolution: Match Recap" (en inglés). 
  13. "Aston Villa 0-4 Manchester City" (BBC Sport) (en inglés). 30 de xaneiro de 2016. 
  14. "Angeliño, de Champions". Galicia Confidencial. 25 de agosto de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  15. "El Girona presenta a Angeliño" (en castelán). 28 de decembro de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  16. "Angeliño: "No guardo ningún rencor al Girona"". Marca (en castelán). 15 de febreiro de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  17. "Angeliño deja el Girona y ficha por el Mallorca". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  18. "La plantilla del desastre, un curso después" (en castelán). 19 de outubro de 2017. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  19. "Angeliño se cuela en el once de la temporada en la Eredivisie" (en castelán). 9 de maio de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  20. "Angeliño: «Decían que era bajo para ser futbolista»". La Voz de Galicia. Consultado o 04/06/2018. 
  21. 21,0 21,1 "El Manchester City ejerce su opción de compra sobre el español Angeliño". Marca (en castelán). 3 de xullo de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  22. 22,0 22,1 "Angeliño, cedido por el City al Leipzig hasta final de temporada". La Vanguardia (en castelán). 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  23. "Angeliño se estrena como goleador en la 'manita' del RB Leipzig al Schalke". Marca (en castelán). 22 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  24. "La conexión Nueva York elimina al Atlético". Marca (en castelán). 13 de agosto de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  25. "Cuatro ascensos en 11 años de vida: la increíble historia del RB Leipzig, el equipo que eliminó al Atlético Madrid de Simeone de la Champions" (en castelán). 13 de agosto de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2020. 
  26. "Angeliño jugará cedido en el RB Leipzig una temporada más". Marca (en castelán). 8 de setembro de 2020. Consultado o 9 de setembro de 2020. 
  27. "Dous goles de Angeliño selan o triunfo ao Leipzig". La Voz de Galicia. 20 de outubro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2020. 
  28. "Un Angeliño estelar marca un gol, dá outros dous, lanza ao Leipzig e elimina ao Manchester United". La Voz de Galicia. 8 de decembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020. 
  29. "El partido que decidirá el futuro de Angeliño". As (en castelán). 12 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  30. "El Leipzig compra a Angeliño y Nagelsmann se frota las manos: «Es una ganga»". La Voz de Galicia. Iván Antelo. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  31. Ramírez, Alberto (10 de marzo de 2021). ""Sorpresa, un pedazo de futbolista": Angeliño, el gallego al que Guardiola despreció" (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  32. "Angeliño se queda fuera de la convocatoria de Leipzig para la final de DFB Pokal" (en castelán). 12 de maio de 2021. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  33. "El Borussia Dortmund, campeón de la Copa de Alemania tras golear al Leipzig" (en castelán). 13 de maio de 2021. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  34. Rincón, Jaime (28 de abril de 2022). "Angeliño da alas al Leipzig". Marca (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  35. "El Rangers de Roy Makaay deja al Leipzig de Angeliño sin la final de la Europa League". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de maio de 2022. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  36. "El Leipzig gana la Copa de Alemania en los penaltis tras una lucha épica" (en castelán). 21 de maio de 2022. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  37. Escario, Sergio (8 de agosto de 2022). "Angeliño, oficial: "Hace tres semanas no esperaba ponerme esta camiseta"". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  38. Lestón, Antón (19 de outubro de 2022). "Angeliño marca su primer gol con el Hoffenheim". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  39. Iranzo, Pedro (11 de xullo de 2023). "Angeliño, cedido al Galatasaray con opción de compra". As (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  40. "Un gol de Angeliño remacha la clasificación del Galatasaray para la fase de grupos". Marca (en castelán). 29 de agosto de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  41. 41,0 41,1 Sancar, Özgür (21 de decembro de 2023). "Angeliño no jugará más en el Galatasaray". As (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2024. 
  42. "Angeliño, a un paso de la Roma". Sport (en castelán). 28 de xaneiro de 2024. Consultado o 1 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]