Vilagarcía de Arousa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Vilagarcía de Arousa | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio 1: | Vilagarcián - Arousán |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Salnés |
| Área: | 44,2 km² |
| Entidades de poboación: | 12 parroquias |
| Capital do concello: | Vilagarcía |
| Latitude e lonxitude: | 43º 32' , 8º 46' |
| Altitude máxima: | - m. |
| Altitude mínima: | m. |
| Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
| Demografía (2007) | |
| Poboación: | 36743 hab. |
| Densidade: | 831.30 hab./km² |
| Uso do galego 3 (2001) | |
| Galegofalantes sobre o total da poboación: | 85,27 % |
| Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
| Sempre: | 22,92 % |
| Ás veces: | 57,89 % |
| Nunca: | 19,17 % |
| Política (2007) | |
| Concelleiros 4: | PPdeG 7 (5.946 votos - 30,75 %) BNG 3 (2.755 votos - 14,25 %) PSdeG-PSOE 7 (6.401 votos - 33,11 %) Outros: {{{outros}}} ({{{votosoutros}}} %) |
| Alcalde: | Dolores García Giménez (PSG-PSOE) |
| Eleccións municipais en Vilagarcía de Arousa | |
| Censo electoral (2007) | |
| Total electores: | 31.905 - 100 % |
| Votantes: | 19.490 - 61,09 % |
| Abstencións: | 12.415 - 38,91 % |
| Votos en branco: | 349 - 1,79 % |
| Votos nulos: | 156 - 0,80 % |
| Orzamentos (2000) | |
| Total ingresos: | 88650.79 € |
| Enderezos | |
| Enderezo físico: | Praza de Ravella, nº 1 |
| Teléfono: | 986 099 200 |
| Fax: | 986 099 200 |
| Código postal: | 36600 |
| Correo electrónico: | info@ivilagarcia.com, alcaldia@ivilagarcia.com |
| www.ivilagarcia.com | |
|
|
|
|
Notas: |
|
Vilagarcía de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca do Salnés. Segundo o padrón municipal, a súa poboación no ano 2007 era de 36.743 persoas.
Vilagarcía é unha cidade nova, en contínuo crecemento, que se caracteriza pola gran concentración de servizos tanto públicos coma privados en contraste coa súa mediana poboación. Entre os principais servizos públicos dos que disfruta están un hospital comarcal do Sergas, Xulgados de Segunda Instancia, unha delegación da Axencia Tributaria, Oficinas do Ministerio de Interior (Policía), Parque comarcal de Bombeiros... No ámbito privado conta cun centro comercial, varios hipermercados, oito salas de cine, unha amplia oferta de restaurantes e hoteis, ademais dunha asociación de pequenos comerciantes do centro da cidade. Esta grande oferta de servizos débese ás peculiaridades da comarca do Salnés, que conta con moita poboación pero non con grandes núcleos urbanos. Deste xeito, unha cidade de importancia media en Galicia, chega a ser toda unha capital.
Índice |
[editar] Lugares de Vilagarcía de Arousa
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilagarcía de Arousa vexa: Lugares de Vilagarcía de Arousa.
[editar] Localización
Vilagarcía de Arousa atópase na parte meridional da ría de Arousa formando unha ampla enseada. Limita ao norte con Catoira, ao leste con Caldas de Reis e ao sur con Vilanova de Arousa. O extremo norte do concello, a parroquia de Bamio, sitúase xa na confluencia do río Ulla co océano mentres que no sur destaca o Monte Lobeira cunhas boas vistas de toda a baía.
[editar] Festexos
O 16 de agosto, día de San Roque, é o día grande das festas de Vilagarcía. Ao remate da procesión do santo ten lugar todos os anos a festa da Auga en varias rúas do centro da vila, sendo un festexo que atrae a numerosos turistas de toda Galicia e mesmo de fóra dela. Esta festa naceu a finais dos anos 70 cando nunha xornada de moita calor os veciños pediron que os refrescaran con auga desde os balcóns.
O 22 de maio celébrase a festa de Santa Rita, na honra da italiana Rita de Casia, que ten en Vilagarcía e en toda a comarca do Salnés un grande número de devotos desde hai uns cen anos. Santa Rita é a patroa dos imposibles. Os devotos acoden ao Convento de Vista Alegre, algúns a pé desde lonxe, para facerlle unha ofrenda á santa como sinal de agradecemento.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Vilagarcía de Arousa
[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilagarcía de Arousa | |
|---|---|
|
Arealonga (Santa Baia) | Bamio (San Xens) | O Carril (Santiago) | Cea (San Pedro) | Cornazo (San Pedro) | Fontecarmoa (San Pedro) | Rubiáns (Santa María) | Sobradelo (San Salvador) | Sobrán (San Martiño de Fóra) | Sobrán (San Martiño) | Solobeira (San Fins) | Vilagarcía (Santa Baia) |
[editar] Personaxes de sona
- Elpidio Villaverde Rey, político (1887-1962)
- Luís Bouza-Brey Villar, político (n. 1945)
- José Rubianes Alegret Pepe Rubianes, actor e cómico (n. 1947)
- Carlos Blanco, actor (n. 1959)
- Manuel Millán Vázquez, actor (n. 1961)
- Antón Paz Blanco, regatista (n. 1976)
[editar] Ligazóns externas
[editar] Véxase tamén
|
Referencias relacionadas con Galicia |
||

