Festival Internacional de Títeres de Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teatro de Ningures, Os cómicos dell'auto.[1]
Localización Redondela
Anos
Nº edicións 25 (en 2024)
Fundadores
Data Maio
Xénero Monicreques
Organizador Xente Titiriteita
Concello de Redondela
Web oficial https://www.fitredondela.com
Na rede

O Festival Internacional de Títeres de Redondela-Memorial Juanjo Amoedo é un festival cultural de arte, música e monicreques que se celebra no concello pontevedrés de Redondela dende o ano 2000. Está organizado pola Asociación Xente Titiriteira e conta co apoio do Concello de Redondela. Ao festival acoden compañías teatrais de diversos países do mundo, realizando espectáculos de monicreques de grande e pequeno formato ademais de teatro, música e audiovisual tanto no auditorio do Multiúsos da Xunqueira coma nas rúas e parques da vila.

Historia[editar | editar a fonte]

Malia que a primeira edición do festival foi no 2000, a finais dos 90 xa se tiveran feito varias xestións para a realización dun festival en Redondela que tivese coma protagonista os monicreques. Un dos seus principais creadores foi Juanjo Amoedo, que por aquel entón era o presidente da Asociación de Veciños de Redondela. Porén, Juanjo Amoedo nunca puido ver rematado o proxecto ao falecer nun accidente doméstico.[2] Meses despois, varios colectivos redondeláns continuaron o proxecto, e tras a creación da asociación Xente Titiriteira, no 2000 celebrouse a primeira edición do festival. O nome do festival foi escollido, así, coma xeito de conmemorar e recoñecer a Juanjo Amoedo no seu labor na creación do festival. Na edición do ano 2014, ademais, foi proxectado un documental sobre a vida de Juanjo Amoedo e a súa contribución ao festival.[3]

Descrición[editar | editar a fonte]

O evento, organizado pola Asociación Xente Titiriteira e pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela, celébrase a finais do mes de Maio nas prazas e parques do centro da vila e no Multiúsos da Xunqueira. Dende a súa primeira edición, contaron coa presenza de compañías de Alemaña, Arxentina, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Francia, Italia, México, Portugal, Reino Unido ou Rusia, entre moitos outros.[4] Na edición do 2011 superáronse os 30.000 asistentes[5].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]