Daniel Ortega

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Daniel Ortega
Nome completo: José Daniel Ortega Saavedra
{{{cargoexecutivo1}}}
Período de goberno: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período de goberno: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
Data de nacemento: 11 de novembro de 1945
Lugar de nacemento: La Libertad, Chontales, Nicaragua
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Partido político: Frente Sandinista de Liberación Nacional
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Cargo(s): Presidente de Nicaragua
(1985 - 1990)
(dende 2006)
Profesión: Político

José Daniel Ortega Saavedra (La Libertad, Chontales, 11 de novembro de 1945) é un ex-guerrilleiro e político nicaragüense. Presidene electo de Nicaragua.

Daniel Ortega foi un dos comandantes da guerrilla do Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), organización que vai combater a ditadura de Anastasio Somoza Debayle até que o 19 de xullo de 1979 conseguiu derrotala militarmente (Revolución Sandinista) instaurando un goberno de unidade nacional que vai tomar o nome de Xunta de Reconstrucción Nacional (goberno do que forma parte Ortega) no que, ademáis dos sandinistas, estaban representados as principais formacións contrarias á ditadura.

Desfeito o goberno de unidade por diferenzas internas, Ortega foi escollido presidente de Nicaragua en 1984. O seu goberno, de orientación claramente progresista, conseguiu mellorar a calidade de vida da poboación pero vai ter que facer fronte á insurrección armada das forzas de contrarevolucionarios de dereitas, instruidas pola CIA e financiadas polo Goberno dos Estados Unidos.

Nas eleccións presidenciais de 1990 Ortega foi derrotado por unha escasa marxe de votos, debido a unha alianza de 14 partidos políticos antisandinistas liderados por Violeta Chamorro, e Ortega ten que abandonar a presidencia.

Dezasete anos despois nas eleccións do 5 de novembro de 2006, Daniel Ortega foi novamente escollido presidente, malia as ameazas vertidas polos EEUU durante a campaña electoral.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais