Anastasio Somoza Debayle
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Anastasio Somoza Debayle (León, Nicaragua, 5 de decembro, 1925 — Asunción, Paraguai, 17 de setembro, 1980, político nicaragüense. Foi presidente de Nicaragua entre 1967 e 1972, e entre 1974 e 1979. Como xefe da Garda Nacional, mantivo o poder efectivo durante o periodo intermedio. Foi o último membro da familia Somoza que exerceu o poder, tras o seu pai e o seu irmán, unha dinastía de ditadores que comezou en 1934.
Anastasio Somoza Debayle foi o terceiro fillo de Anastasio Somoza García (chamado "Tacho"), que se convirteu en Presidente de Nicaragua en 1936, e de Salvadora Debayle de Somoza. Sendo o máis xove dos Somoza foi educado en Florida e Long Island antes de graduarse na Academia Militar de West Point en 1946. Ao ano seguinte, foi nomeado polo seu pai xefe da Garda Nacional, que era o ente represivo e de sostén do réxime somocista. En decembro de 1950 casa por conveniencia coa súa prima Hope Portocarrero Debayle, con quen tivo cinco fillos: Anastasio, Carolina, Roberto, Carla e Xulio.
Tras o asasinato do seu pai en 1956, o maior dos Somoza, Luis Somoza Debayle, accedeu á presidencia. En 1967, pouco despois da morte do seu irmán, Anastasio Somoza foi elexido presidente por primeira vez. Tivo que deixar o cargo en 1972 a causa dunha lei que impedía a reelección inmediata.
O 23 de decembro de aquel mesmo ano, un terremoto devastou a capital da nación,Managua, deixando máis de dez mil mortos e practicamente destruindo o centro da cidade, Declarouse a lei marcial, convertendo a Somoza, en tanto que xefe da Garda Nacional, no dirixente de facto do país. Posteriormente descubriuse que a familia Somoza lucrárase coa maior parte da axuda internacional ofrecida tras o terremoto.
A pesar de todo, Somoza foi elexido presidente nas eleccións de 1974, o seu interese en seguir manténdose no poder e a represión á poboación provocou a perdida do apoio dos sectores antes aliados, como a oligarquía, Estados Unidos e a Igrexa Católica. A finales dos setenta, grupos defensores dos dereitos humanos denunciaban as violacións dos mesmos, cometidas polo seu doberno. De setembro do 1978 ata o 17 de xullo de 1979, el e o seu fillo Anastasio Somoza Portocarrero provocaron unha guerra civil, ordenando o asasinato de civiles e o bombardeo con artillería e avións as cidades principais de Nicaragua que caeran en mans do levantamento popular dirixido polas forzas sandinistas. Baixo o liderazgo de pai e fillo, a Garda Nacional asasinou a 50.000 cidadáns nicaragüenses.
A madrugada do 17 de xullo de 1979 fuxiron a Miami poñendo fin ao réxime somocista. Pouco tempo despois Anastasio Somoza Debayle conseguiu refuxio en Paraguai grazas ao ditador dese país Alfredo Stroessner. Foi asasinado o 17 de setembro do ano seguinte en Asunción por forzas do Exército Revolucionario do Pobo. Divorciárase da súa primeira esposa e vivía coa súa amante de moitos anos: Dinorah Sampson.

