Cleofé Osorio Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCleofé Osorio Otero
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1901 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de abril de 2002 Editar o valor em Wikidata (101 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsDelia Osorio Otero Editar o valor em Wikidata

Cleofé Osorio Otero, nada en Ourense o 9 de marzo de 1901 e finada na mesma cidade o 13 de abril de 2002, foi unha mestra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Francisco Osorio García e Pilar Otero López e irmá de Delia Osorio Otero. Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense. Completou os estudos para ser mestra entre 1925 e 1926. Presentouse as oposición en 1928 e acabou facendo os cursos profesionais de acceso ao maxisterio en 1931. En 1932 foi destinada á escola de nenas de Penavaqueira (Melón). Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. En 1936 foi destinada á escola de Berrande (Vilardevós). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituída a principios de agosto.[1] Como resultado do expediente de depuración foi separada definitivamente do servizo e baixa na escala en abril de 1940. Revisado o seu expediente en 1942, foi sancionada co traslado dentro da provincia. Readmitida, foi destinada á escola de Alende (A Peroxa).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 5-8-1936, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]