Angola

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

República de Angola
Bandeira de Angola Escudo de Angola
Bandeira Escudo
Himno nacional: Angola Avante
 
 
Capital
 • Poboación
Luanda
700.000
Cidade máis poboada Luanda
Linguas
 • Oficiais
n/d
n/d
Forma de goberno República presidencialista
José Eduardo dos Santos
Fernando da Piedade
Dias dos Santos
Independencia
- Data
de Portugal
11 de novembro de 1975
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 22º
1.246.700 km2
desprezable
5.198 km
1.600 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 71º
10.978.552
9 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 74º
US$ 56.451'000.000
US$ 3.558
IDH n/d
Moeda Kwanza (AOA)
Xentilicio Angoleño, angoleña
Fuso horario UTC + 1
Dominio de Internet .ao
Prefixo telefónico +244
Prefixo radiofónico D2A-D3Z
Código ISO 024 / AGO / AO
Membro de: ONU, UA, CPLP, OPEP
Tódolos países do mundo

Angola é un país da costa occidental de África, limitado ao norte e ao leste pola República Democrática do Congo, ao leste pola Zambia, ao sur pola Namibia e ao oeste polo Océano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave de Cabinda, ao norte. Capital: Luanda.

Índice

[editar] Historia

Tras unha longa guerra cas forzas coloniais de Portugal, en 1975 Angola acadou a independencia. Entón comezou unha guerra civil entre o MPLA (Movimiento Popular de Libertação de Angola), o UNITA (União Nacional para a Independência Total de Angola) e o FNLA (Frente Nacional de Libertação de Angola). O FNLA abandonou a loita, deixando que o marxista MPLA e o UNITA (respaldado por occidente) loitasen polo poder. No 1991, ambas faccións acordaron converter Angola nun estado democrático, politicamente pluralista e non racial, pero despois de que o presidente José Eduardo dos Santos do MPLA gañase as eleccións supervisadas pola ONU, o UNITA denunciou que houbera fraude e comezou novamente a loita.

En 1994 firmouse a paz. Instaurouse un goberno de unidade nacional no 1997. O presidente José Eduardo dos Santos suspendeu o funcionamento das institucións democráticas debido a un novo conflito iniciado no 1998.

O 22 de febreiro do 2002, Jonas Savimbi, lider do UNITA foi asasinado dun disparo e acordouse un alto o fogo. O UNITA abandoou o seu brazo armado e asumiu o seu papel como maior partido na oposición. Aínda que a situación política semella estarse normalizando, o presidente dos Santos continúa sen permitir que se celebren os procesos democráticos normais. Angola enfróntase a unha grande catástrofe humanitaria debido á guerra, á abondancia de campos de minas, e ás accións dalgunhas guerrillas que loitan pola independencia do enclave septentrional de Cabinda.

[editar] Organización político-administrativa

Angola está dividida en 18 provincias:-

[editar] Economía

Véxase o artigo: Economía de Angola.
Nación moi rica en petróleo e diamantes.

[editar] Demografía

Ver artigo principal: Demografía de Angola.

Os habitantes de Angola son, na súa maioría, negros (90%), que viven ao lado dun 10% de brancos e mestizos. A maior parte da poboación negra é de orixe bantú, destacandose os quimbundos, os bancogos e os chokwe-lundas, porén o grupo máis importante é o dos ovimbundos. No sudoeste existen diversas tribos de boximanes e hotentotes. A densidade demográfica é baixa (4 habitantes por quilómetro cuadrado) e o índice de urbanización non vai alén de 12%. Os principais centros urbanos, alén da capital, son Huambo (antiga Nova Lisboa), Lobito, Benguela, e Lubango (antiga Sá da Bandeira).

[editar] Cultura

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Países membros da Unión Africana
África do Sur | Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina Faso | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue | Congo | Costa do Marfil | Eritrea | Etiopía | Exipto | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bissau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo | Ruanda | Sáhara Occidental | Santo Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seychelles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Tunisia | Uganda | Xibuti | Zambia


Países do mundo | África
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Eritrea | Etiopía | Exipto | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Seixeles | Senegal | Serra Leona | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Tunisia | Uganda | Xibutí | Zambia
Outros territorios

Canarias | Ceuta | Madeira | Mayotte | Melilla | Illa de Reunión | Sáhara Occidental

Ferramentas persoais
Outras linguas