Xulio Alonso Cuevillas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | ? Ourense, España |
Morte | 1936 Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Pai | Hilario Alonso-Cuevillas |
Xulio Alonso-Cuevillas Álvarez Seara, nado en Ourense e finado na mesma cidade en 1936, foi un avogado do estado galego, irmán da nai e, por tanto, tío de Florentino López Cuevillas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. O título de licenciado foille expedido en 1888.[1] En 1892 aprobou a oposición de avogado do estado.[2]
Foi amigo de Ramón María del Valle-Inclán. Afeccionado ós estudos históricos e filosóficos, publicou na revista Nós os artigos "O monopolio do comercio do diñeiro"[3] e "Un punto de vista do nazonalismo":[4]
“ | Fai falla pol-o tanto nos críticos momentos autuás unha nova regra xurídica que regule as relaciós das naciós particulares que conviven dentro de cada estado, e tamén dos diferentes grupos tormados pol-as comunidás de traballo. Pra conseguilo, craro está, que é de necesidá entrar de cheo n-un período costituyente, pois pra que semellante revolución sexa eficaz desde os primeiros momentos terá que ser incruenta […]. | ” |
— Julio A. Cuevillas, "Un punto de vista do nazonalismo". Maio 1922.[4] |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Alonso-Cuevillas Álvarez Seara, Xulio". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 29.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 482. ISBN 84-7492-465-0.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Florentino López Cuevillas (sobriño)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Necrolóxica Vida Gallega, n.º 678. 15/11/1936