Xosé II de Habsburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé II de Habsburgo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Joseph II Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1741 Editar o valor em Wikidata
Hietzing (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 1790 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Viena Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Imperial de Viena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei Apostólico de Hungría
29 de novembro de 1780 – 20 de febreiro de 1790 (finado no cargo)
← María Tareixa I de AustriaLeopoldo II de Habsburgo →
Rei de Bohemia
1780 – 1790
← María Tareixa I de AustriaLeopoldo II de Habsburgo →
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
1765 – 1790
← Francisco I do Sacro Imperio Romano XermánicoLeopoldo II de Habsburgo →
Príncipe elector
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalácio Imperial de Hofburg, (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSacro Imperio Romano Xermánico Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder militar , monarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloDuque de Brabante (1780–1790)
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1765–1790) Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo-Lorena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Josefa da Baviera (1765–)
Isabel de Parma (1760–)
FillosÖsterreich, Erzherzogin, 1762-1770 Maria Theresia
 () Isabel de Parma (pt) Traducir
Archduchess Marie Christine of Austria (en) Traducir
 () Isabel de Parma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFrancisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico Editar o valor em Wikidata  e María Tareixa I de Austria Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaria Carolina da Áustria (pt) Traducir, Maria Isabel da Áustria (1737-1740) (pt) Traducir, Maria Josefa da Áustria (pt) Traducir, Maria Carolina da Áustria (pt) Traducir, Maria Cristina da Áustria (pt) Traducir, Maria Ana da Áustria (pt) Traducir, María Antonieta de Austria, Maria Amália da Áustria (pt) Traducir, Maria Isabel da Áustria (pt) Traducir, Maria Joana Gabriela da Áustria (pt) Traducir, Maria Carolina da Áustria (pt) Traducir, Leopoldo II de Habsburgo, Carlos José da Áustria (pt) Traducir, Maximiliano Francisco da Áustria (pt) Traducir e Fernando Carlos de Áustria-Este (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 9a4022b7-142b-42d8-83d9-302640971c8d WikiTree: Habsburg-Lothringen-18 Find a Grave: 7178 Editar o valor em Wikidata

Xosé II (nome completo Joseph Benedikt Anton Michael Adam), nado o 13 de marzo de 1741 no Pazo de Schönbrunn (Austria) e finado o 20 de febreiro de 1790 en Viena (Austria), foi Emperador do Sacro Imperio Romano entre 1765 e 1790 e rexente das posesións dos Habsburgo entre 1780 e 1790.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xosé foi o fillo máis vello da arquiduquesa María Tareixa e do emperador Francisco I, e irmán de María Antonieta raíña de Francia, así como do que sería o seu sucesor Leopoldo II. Foi elixido Rei de romanos en 1764 e Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1765. Comezou a reinar xunto á súa nai pero non obtivo o goberno efectivo ata a morte desta en 1780 á que sucedeu como rei de Hungría e de Bohemia.

Xosé II (dereita) co seu irmán Leopoldo, entón Gran Duque de Toscana, en 1769.
Festa organizada para celebrar o matrimonio do emperador Xosé II coa princesa Xosefa de Baviera o 23 de xaneiro de 1765. Obra de Johann Georg Weikert. O irmán de Xosé II, o arquiduque Maximiliano interpreta a Cupido, o arquiduque Fernando ao noivo e a arquiduquesa María Antonieta á noiva.

Considérase un dos representantes do despotismo ilustrado, gobernou apoiado e influído polo seu chanceler de Estado Kaunitz. Mostrou interese polas ideas enciclopedistas. Intentou modernizar, impulsar e racionalizar o funcionamento da administración cun programa de reformas co obxectivo de construír un Estado unitario centralizado co alemán como lingua administrativa.

Iniciouse unha política de liberalización comercial, fomentouse o desenvolvemento da "industria" e unificouse o sistema fiscal, iniciativas baseadas en ideas mercantilistas coas que se tratou de impulsar a economía. Aboliu a servidume e as corporacións ao dar garantías aos campesiños sobre a propiedade permitindo a súa emancipación. Púxose fin ás prestacións de traballo entre campesiños, sentou as bases da tolerancia relixiosa ao poñer fin ás persecucións de ortodoxos e protestantes, mellorouse e secularizou a educación e creáronse novas universidades. Durante a Primeira Repartición de Polonia, en 1772, anexionou Galitzia aos dominios dos Habsburgo en contra da opinión da súa nai.

O 29 de novembro de 1780 subiu ao trono húngaro trala morte da súa nai María Teresa. Con todo, pola súa propia decisión, José II non se fixo coroar e tampouco fixo o xuramento do monarca ante os húngaros. Deste xeito non estaba comprometido a respectar as leis que protexían aos húngaros do poder absoluto do monarca de quenda. Ante isto, foi alcumado "O rei Asombrerado " (en húngaro "kalapos király"), posto que non usou a coroa húngara senón só chapeus.

Pronto estendeu a súa influencia sobre os reinos baixo o seu control e levou a cabo reformas educativas e eclesiásticas, e en 1784 ordenando que o idioma alemán fose a lingua oficial en Hungría,[1] o que xerou gran descontento entre a nobreza e campesiñado húngaro. José II enfrontouse a suecos e otománs. A estes últimos, en 1785, arrebatoulles Bukovina. Ideou a anexión de Baviera pero a resistencia de Prusia e o resultado da Guerra de sucesión bávara impedíronllo. Estreitou as relacións con Rusia á que apoiou fronte a Turquía nunha guerra na que o territorio austríaco foi invadido.

Foi contemporáneo de Wolfgang Amadeus Mozart, o soado compositor. Así mesmo Beethoven escribiu a cantata auf dean Tod Kaiser Josephs II na súa memoria.

Matrimonio e fillos[editar | editar a fonte]

Xosé II casou en dúas ocasións:

A primeira coa princesa Isabel de Borbón-Parma, filla do duque Filipe I de Parma e da princesa Luísa Isabel de Borbón, de quen estivo profundamente namorado e coa que tivo dúas fillas:

  • María Teresa de Habsburgo (1762-1770). Morreu de pneumonía con sete anos; a súa morte afectou profundamente ao seu pai ata a súa propia.
  • Cristina de Habsburgo (*/? 1763). Naceu prematura e morreu pouco logo do seu nacemento.A súa nai faleceu pouco logo do seu nacemento por complicacións do parto.

Tralo falecemento de Isabel, a súa primeira esposa, casou coa súa curmá Xosefa de Baviera (1739-1767), filla de Carlos Alberto, elector de Baviera e da arquiduquesa María Amelia (unha curmá de María Tareixa I de Austria). A este segundo matrimonio accedeu de moi mala gana e preferise casar coa infanta María Luísa de Parma, irmá máis nova da súa falecida Isabel, pois se lle parecía fisicamente, pero esta xa se atopaba comprometida co futuro Carlos IV de España. Non tiveron fillos.

Como a Xosé II non lle sobreviviron fillos varóns sucedeulle o seu irmán Leopoldo II.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Votruba, Martin. "The Law on the German Language in Administration" (PDF). Slovak Studies Program. University of Pittsburgh. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xuño de 2010. Consultado o 19 de xullo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Xosé I
Rei de romanos
1764 - 1765
Sucesor:
Predecesor:
Francisco I
Emperador electo do Sacro Imperio Romano xermánico

1765 - 1790
Sucesor:
Emperador Leopoldo II
Predecesor:
María Tareixa
Rei de Hungría e Bohemia
Arquiduque de Austria e duque de Milán

1780 - 1790
Sucesor:
Leopoldo II