William Lee Brant
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1931 Franklin, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 4 de novembro de 2006 (74/75 anos) A Habana, Cuba |
Causa da morte | pneumonía |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | militante |
Membro de | |
William Lee Brant, nado en Franklin (Luisiana) en 1931 e finado na Habana o 4 de novembro de 2006, foi un membro dos Panteras Negras.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fíxose famoso porque o 17 de xuño de 1969 secuestrou un avión en San Francisco e empregouno para fuxir a Cuba.
En Cuba pasou 22 meses na cadea por causas relacionadas coa inmigración ilegal, porén foi liberado e chegou a obter a nacionalidade cubana e tamén un título de Literatura Hispánica pola Universidade da Habana, alén de traballar como profesor de inglés en distintos centros educativos.
Nunha entrevista de 1996 declarou botar en falta os Estados Unidos e a comunidade afroamericana, pero que non podía regresar sen enfrontarse a graves cargos por pirataría aérea e secuestro. Na mesma data apareceron publicadas as súas memorias Long Time Gone.