Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta páxina era usada anteriormente da Galipedia, pero agora quedou obsoleta.
A páxina que está a ver é un xacemento wikipédico e é un espazo a conservar. Noutrora tivo algún uso produtivo para o mantemento da Galipedia, pero arestora non se utiliza ou quedou anticuada. Consérvase intacta para lembrar como eran as cousas antes no wiki.
María Mariño Carou , nada en Noia o 8 de xuño de 1907 e finada en Seoane do Courel (Folgoso do Courel ) o 19 de maio de 1967 , con escasa obra (poética en galego e narrativa en castelán), foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX , encadrada na xeración do 36 , reivindicada para a literatura galega pola xeración Brais Pinto , especialmente por Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín . Da súa autoría son Palabra no tempo (1963) e Verba que comenza (1990). Compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e moi apartada dos cenáculos literarios. En plenario do 7 de xullo de 2006, os membros da Real Academia Galega decidiron dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2007 . Foi a terceira muller homenaxeada que levou ese recoñecemento despois de Rosalía de Castro no 1963 e Francisca Herrera Garrido no ano 1987.
Vexa tamén o mes de maio na cultura popular galega .
A historia do pensamento evolucionista trata das distintas concepcións que houbo sobre o cambio das especies biolóxicas co paso do tempo, as cales teñen as súas raíces na antigüidade, nas ideas dos antigos gregos , romanos , e chineses e na ciencia medieval islámica . Co comezo da moderna taxonomía biolóxica a finais do século XVII , o pensamento evolucionista occidental estivo influenciado por dúas ideas opostas: o esencialismo , a crenza de que cada especie ten características esenciais que son inalterables, un concepto que se desenvolvera a partir da metafísica aristotélica medieval , e que concorda moi ben coa teoloxía natural ; e o desenvolvemento dun novo enfoque antiaristotélico da ciencia moderna , xa que a medida que avanzaba a Ilustración , estendeuse a cosmoloxía evolucionista e a filosofía mecánica das ciencias físicas á historia natural .
Os naturalistas empezaron a interesarse pola variabilidade das especies, e o xurdimento da paleontoloxía e o seu concepto de extinción minou as visións tradicionais da natureza . A inicios do século XIX Jean-Baptiste Lamarck propuxo a súa teoría da transmutación das especies , a primeira teoría completa sobre evolución . Pero moitos naturalistas da época seguían sendo fixistas , é dicir consideraban que as especies eran fixas e inmutables. En 1858 Charles Darwin e Alfred Russel Wallace publicaron unha nova teoría evolutiva, explicada en detalle no libro de Darwin A orixe das especies , publicado en 1859. A diferenza de Lamarck, Darwin propuxo a ascendencia común e a ramificación da árbore da vida , que significaban que dúas especies distintas podían ter un antepasado común. Darwin baseou esta teoría na idea de selección natural , a cal sintetizaba un amplo conxunto de probas desde a gandería , a bioxeografía , a xeoloxía , a morfoloxía e embrioloxía .
1881 , Tunisia , ó norte de África , tórnase protectorado de Francia .
1886 , sae á luz o primeiro número de El Socialista , revista de corte obreiro-sindicalista fundada por Pablo Iglesias .
1910 , Dorothy Crowfoot , científica británica, Premio Nobel de Química polo seu traballo en cristalografía (m. 1994 ).
1921 , morre Emilia Pardo Bazán (na imaxe), escritora galega en lingua castelá.
1929 , nace Sam Nujoma , primeiro presidente de Namibia .
1976 , o petroleiro Urquiola sofre un accidente na Ría da Coruña .
Hoxe celébrase o Día Mundial da Fibromialxia .
Wikipedia:Imaxe da semana/19 2024