Wally Szczerbiak
Wally Szczerbiak | |
---|---|
Posición | Escolta / Ala |
Dorsal | 10, 55, 3 |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 111 kg (244 lb) |
Nacemento | 5 de marzo de 1977 (47 anos) Madrid |
Carreira | |
Instituto | Cold Spring Harbor (Cold Spring Harbor, Nova York) |
Universidade | Miami (Ohio) (1995–1999) |
NBA Draft | 1999 / Rolda: 1 / Elección: 6 Por Minnesota Timberwolves |
Tempadas | 1999–2009 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 9 195 (14,1 pp) |
Rebotes | 2 602 (4,0 pp) |
Asistencias | 1 532 (2,4 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
Walter Robert Szczerbiak, nado o 5 de marzo de 1977 en Madrid, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Szczerbiak foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 1999 polos Minnesota Timberwolves. Cos Timberwolves chegou a ser All-Star en 2002, onde xogou para a Conferencia Oeste tras ser elixido polos adestradores.
O 26 de xaneiro de 2006, Szczerbiak foi traspasado xunto a Michael Olowokandi, Dwayne Jones e unha elección da primeira rolda do Draft ós Boston Celtics, a cambio de Ricky Davis, Mark Blount, Marcus Banks, Justin Reed e dúas eleccións da segunda rolda do Draft.[1]
O 28 de xuño de 2007, na noite do Draft, Szczerbiak foi traspasado xunto a Delonte West e Jeff Green ós Seattle SuperSonics, a cambio de Ray Allen e Glen Davis.[2]
O 21 de febreiro de 2008, Szczerbiak foi traspasado xunto a Delonte West ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre tres equipos.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Celts swap Davis for Wolves' Szczerbiak". 27 de xaneiro de 2006. Consultado o 18 de marzo de 2017.
- ↑ Sonics' Allen traded to Celtics for Wally, West & Green, 29 de xuño de 2007
- ↑ Cavaliers adquieren a Ben Wallace y Szczerbiak
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 13 de setembro de 2022 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1977
- Nados en Madrid
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves
- Escoltas de baloncesto
- Alas de baloncesto
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers