Vox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VOX
Dirixentes e organización
LíderSantiago Abascal Conde
MocidadesVox Jóvenes
Filiación internacionalForo Madrid
Historia
Fundación17 de decembro de 2013
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo español
Centralismo
Unitarismo
Populismo de dereita
Liberalismo económico
Conservadorismo
Euroescepticismo
Sionismo[Cómpre referencia]
Monarquismo
Catolicismo tradicionalista
Antifeminismo
Antiislam
Posición políticaDereita a extrema dereita
Representación
Concelleiros
1.695 / 67.611
Parlamentos autonómicos
118 / 1.268
Parlamento Europeo
4 / 350
Congreso dos Deputados
33 / 350
Senado
3 / 266
Outros datos
SedeC/ Bambú, 12, 28036 Madrid
PublicaciónLa gaceta de la Iberosfera
Na rede
voxespana.es
Facebook: vox.espana Twitter: vox_es Instagram: vox_es Telegram: VOXtelegram Youtube: UCRvpumrJs0qY1xLzeU0Ss1Q Twitch: vox_es_ Flickr: voxespana Editar o valor em Wikidata

Vox é un partido político español conservador. Foi fundado en decembro de 2013 coa intención de presentar candidatura nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014,[1] o seu presidente é Santiago Abascal​ e o seu secretario xeral é Ignacio Garriga. É considerado por moitos como unha formación de ultradereita,[2] aínda que tamén foi situado por algúns medios na dereita do espectro político.

Naceu grazas ó pulo de antigos militantes do Partido Popular;[3] entre eles Santiago Abascal Conde, José Antonio Ortega Lara, Jose Luis González Quirós, Enrique Álvarez, Cristina Seguí, Ana Velasco Vidal-Abarca, Ignacio Camuñas Solís, Iván Espinosa de los Monteros e María Jesús Prieto-Laffargue.[4]

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

No seu manifesto fundacional, o partido defende a necesidade de rexeneración política do Estado constitucional e expón como principios inspiradores do partido a indisoluble unidade da Nación española, a reforma do Estado das autonomías e a recentralización do Estado, o fomento da separación de poderes e a independencia da xustiza, o impulso dunha nova lei de partidos e unha nova lei electoral, a mellora do papel internacional de España e a reforma da lei do aborto, entre outros.[5][6]

Na súa mensaxe, Vox incluíu elementos islamófobos,​[7] reivindicación de valores tradicionais como a caza e a tauromaquia,​[8] nacionalismo centralista, rexeitamento do aborto e propostas económicas liberais,​ en contraste neste último aspecto coas posicións máis estadistas de partidos nórdicos de dereita coma os Verdadeiros Finlandeses ou o Partido Popular Danés.[9]

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Eleccións xerais[editar | editar a fonte]

Comicios Cabeza de lista votos % de
votos
Deputados Senadores Notas
2015 Santiago Abascal 58 114 0,23%
0 / 350
0 / 208
Primeira participación
2016 Santiago Abascal 47 182 0,20%
0 / 350
0 / 208
abril de 2019 Santiago Abascal 2 664 325 10,26%
24 / 350
0 / 208
novembro de 2019 Santiago Abascal 3 656 979 15,09%
52 / 350
2 / 208

Eleccións ao Parlamento Europeo[editar | editar a fonte]

Comicios Cabeza de lista votos % de
votos
Deputados Notas
2014 Alejo Vidal-Quadras 244 929 1,56%
0 / 54
Primeira participación.

Eleccións autonómicas[editar | editar a fonte]

Parlamento de Andalucía[editar | editar a fonte]

Comicios Cabeza de lista votos % de
votos
Deputados Notas
2015 Francisco Serrano Castro 18 422 0,46%
0 / 109
Primeira participación.
2018 Francisco Serrano Castro 395 978 10,97%
12 / 109

Parlamento Vasco[editar | editar a fonte]

Comicios Cabeza de lista votos % de
votos
Deputados Notas
2016 Francisco Serrano Castro 774 0,07%
0 / 75
Primeira participación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nace el partido Vox con la intención de quitarle al PP el espacio del centro-derecha" Arquivado 18 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., Vozpópuli, 16 de xaneiro de 2014.
  2. Algúns medios que identifican a Vox como ultradereita son El Confidencial,​ eldiario.es,​ Público, El Mundo​ ou Deutsche Welle​, entre outros.
  3. "Vox, el nuevo partido de Ortega Lara, aboga por fortalecer el papel del Rey, la familia y el centralismo en España", 'Diario Crítico', 16 de xaneiro de 2014.
  4. "«Vox nace en respuesta a un sentimiento de orfandad política en el centro derecha»", 'ABC', 16 de xaneiro de 2014.
  5. "Las diez claves de Vox"
  6. "Manifesto Fundacional de Vox". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  7. González Enríquez, Carmen (2017). La excepción española: el fracaso de los grupos de derecha populista pese al paro, la desigualdad y la inmigración (en castelán). Real Instituto Elcano. 
  8. "Il boom di Vox: chi è e cosa pensa l'estrema destra spagnola" (en italiano). 
  9. "¿Tiene Vox espacio en la competición política española?". Agenda Pública (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]