Vicente Gómez Umpiérrez
Vicente Gómez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Vicente Gómez Umpiérrez | ||
Nacemento | 31 de agosto de 1988 (35 anos) | ||
Lugar de nacemento | As Palmas de Gran Canaria | ||
Altura | 1,87 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Huracán | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2009 | Huracán | ||
2009–2010 | Las Palmas Atlético | 28 | (1) |
2010–2018 | Las Palmas | 223 | (13) |
2018–2020 | Deportivo da Coruña | 59 | (0) |
2020–2021 | Kerala Blasters | 19 | (2) |
2021–2022 | Xanthi | 28 | (4) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Vicente Gómez Umpiérrez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 31 de agosto de 1988, é un exfutbolista español, que xogaba de centrocampista defensivo. Desenvolveu a maior parte da súa carreira na UD Las Palmas, coa que disputou un total de 242 partidos en oito tempadas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse como futbolista na canteira do Huracán, da súa cidade natal, As Palmas.[1] Na tempada 2007/08 debutou co primeiro equipo na Rexional Preferente, logrando ese mesmo ano o ascenso á Terceira División.[2] En 2009 ingresou na UD Las Palmas, e aínda que inicialmente contaba con ficha do equipo C, disputou a tempada 2009/10 co Las Palmas Atlético en Terceira, compartindo equipo con Jonathan Viera, Juanpe ou Vitolo entre outros.[2]
Na tempada 2010/11 os catro subiron ao primeiro equipo, co que Vicente debutou nun partido da Copa do Rei ante o Valladolid. no que substituíu na segunda metade a Jorge Larena. Marcou o segundo gol canario naquel partido, aínda que o seu equipo acabou perdendo por 5-3.[3] Xogou un total de oito tempadas no primeiro equipo amarelo, conseguindo o ascenso á Primeira División na 2014/15. Debutou na máxima categoría na xornada inaugural da tempada 2015/16, nunha derrota pola mínima ante o Atlético de Madrid no antigo Vicente Calderón, saltando ao terreo de xogo na segunda parte no lugar de Hernán.[4]
En agosto de 2018, despois do descenso a Segunda, deixou a UD Las Palmas e fichou polo Deportivo da Coruña, que tamén acababa de baixar á división de prata. O seu balance no club canario foi de 242 partidos oficiais e 15 goles.
O seu traspaso pechouse nunha cantidade superior ao medio millón de euros e asinou un contrato por tres tempadas.[5][6] O seu debut produciuse na segunda xornada da tempada 2018/19, xogando como titular nunha vitoria a domicilio fronte o Extremadura UD (0-1). Disputou un total de 34 partidos durante a campaña, 24 deles como titular, e participou nos catro encontros da promoción de ascenso, onde o seu equipo acabou caendo na final ante o Mallorca.[7] A súa participación diminuíu na seguinte campaña, disputando 26 partidos, con 15 titularidades, nunha nefasta tempada do Deportivo, que consumou o descenso á Segunda División B por segunda vez na súa historia.
En setembro de 2020 mudouse á India, onde asinou como novo xogador do Kerala Blasters, da Superliga do país asiático.[8] No club de Kochi coincidiu con outros xogadores estranxeiros como Bakary Koné, Gary Hooper ou os españois Juande e Sergio Cidoncha, rematando a liga na penúltima posición. Para a seguinte tempada regresou a Europa, fichando polo Xanthi, da segunda división grega, co que disputou 31 partidos, marcando 4 goles.
En xaneiro de 2023, despois de varios meses sen equipo, anunciou a súa retirada definitiva dos campos de fútbol, incorporándose como observador ao Las Palmas.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Vicente Gómez y su emotivo momento en la Naciente" (en castelán). 14 de outubro de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 Marrero, Javier (22 de xuño de 2010). "Jonathan Viera, Juanpe, Vicente Gómez y Vitolo son los elegidos" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Valladolid 5-3 Las Palmas". BDFutbol (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Atlético de Madrid 1-0 Las Palmas". BDFutbol (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Vicente Gómez novo xogador do Dépor 2018-2019". Deportivo da Coruña. 17 de agosto de 2018.
- ↑ "El Deportivo cierra el traspaso de Vicente Gómez". As. 17 de agosto de 2018. (en castelán)
- ↑ Lema, Jorge (24 de xuño de 2019). "Mal de altura" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Kerala Blasters, destino de Vicente Gómez". eldiario.es (en castelán). 23 de setembro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2024.
- ↑ Rodríguez, David (31 de xaneiro de 2023). "Vicente y su adiós definitivo" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024.