VG-4.3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VG-4.3
Vía de Alta Capacidade
Cambados-Vilagarcía de Arousa
Mapa
Vía para automóbiles VG-4.3
ID antigo
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude8,21 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio VG-4.2  Cambados
Fin N-640  Vilagarcía de Arousa
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A VG-4.3 ou Vía de Alta Capacidade Cambados-Vilagarcía de Arousa[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Cambados e Vilagarcía de Arousa; atravesa os concellos de Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ten unha lonxitude de 8,21 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa VG-4.2 en Cambados e finaliza nun cruzamento coa N-640 en Vilagarcía de Arousa.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Inicia na rotonda da VG-4.2 cos accesos ao oeste cara á estrada PO-550 a Cambados e ao leste cara á estrada PO-300 á parroquia do Mosteiro (concello de Meis), seguindo á ligazón da parroquia de Corvillón (concello de Cambados) coa estrada PO-549 e outro acceso cara a leste á estrada EP-9002 ao lugar da Modia (mesmo concello). Seguindo á ligazón de Tremoedo coa estrada PO-530, coa dirección cara a oeste á Illa de Arousa e outra cara a leste á parroquia de Tremoedo (concello de Vilanova de Arousa), seguindo á ligazón de Santa Mariña (concello de Vilagarcía de Arousa) coa estrada PO-529 con dirección cara a oeste ao lugar do Rial e outra á rotonda da estrada PO-528 cara a Vilagarcía de Arousa e remata na rotonda da estrada nacional N-640 no lugar do Coruxo (mesmo concello).

Historia[editar | editar a fonte]

As primeiras obras iniciaron en agosto de 2001[3] e inaugurara en setembro de 2003,[4][5][6][7] como alternativa da estrada autonómica PO-549 que lle rodea pola costa e conta o acceso directo á Illa de Arousa.

Treitos[editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-4.3   VG-4.2  Cambados -  N-640  Vilagarcía de Arousa 8,2 2003[4][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "La vía rápida de Cambados a Vilagarcía estará terminada en marzo del 2003". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2001. 
  4. 4,0 4,1 "El tramo Vilagarcía-Cambados completa la vía rápida de O Salnés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2003. 
  5. 5,0 5,1 "El tramo Vilagarcía-Cambados culmina la vía rápida de O Salnés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2003. 
  6. 6,0 6,1 "Fraga compromete las vías pendientes en Vilagarcía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2003. 
  7. 7,0 7,1 "Fraga asume el compromiso de terminar infraestructuras pendientes en Vilagarcía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2003.