Urbano Tarrío Montero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 16 de marzo de 1937 (26/27 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , membro da resistencia |
Urbano Tarrío Montero, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1910 e finada no mesmo concello o 16 de marzo de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xornaleiro veciño de Rubiáns. Pertencía á Federación Local da CNT de Vilagarcía de Arousa. Foi detido pola Garda Civil en xaneiro de 1936 logo dunha pelexa na que agrediu a Jesús Daponte Barreiro.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e incorporouse ao grupo guerrilleiro de Rodrigo Beruete Alejandre. Ante a persecución da Garda civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falange e a Garda Cívica de Vilagarcía agochouse na casa de Josefa Barreiro González. O 17 de marzo de 1937 entrou na casa de Josefa unha cuadrilla de falanxistas baixo o mando de Mouriño e mataron a Urbano alí mesmo. Levaron a Josefa á sede de Falange onde foi torturada e asasinada o 19 de marzo. Foi soterrada nunha fosa común do cemiterio municipal de Vilagarcía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-1-1936, p. 32.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. ISBN 978-84-09-02453-7.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Urbano Tarrío Montero na páxina web Nomes e Voces.