Saltar ao contido

Unión Republicana (España 1903)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Republicana
AcrónimoUR
Tipopartido político español
IdeoloxíaRepublicanismo e Progresismo
Data de fundación26 de marzo de 1903
Data de disoluciónabril de 1917
PaísEspaña
Na rede
BNE: XX5045969
editar datos en Wikidata ]

A Unión Republicana foi un partido político español fundado en 1903, en Madrid, por Nicolás Salmerón e Alejandro Lerroux baixo a dirección do primeiro, co propósito de unificar as esparexidas forzas republicanas españolas durante a Restauración borbónica. No seu programa se pretendía a restauración da Constitución de 1869, a proclamación da República e a convocatoria dunhas Cortes constituíntes.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Creación[editar | editar a fonte]

Xa dende 1901, aparecían voces e intentos de unidade republicana en Cataluña, Almería ou Málaga, onde os mítines son o principal medio espallador das ideas unitarias.[1] Finalmente, lévase a cabo coa creación do partido, o 25 de marzo de 1903, a partir dunha grande asemblea republicana celebrada no Teatro Lírico de Madrid con Nicolás Salmerón, como líder principal, e apoiado por Alejandro Lerroux.[2][3] Conflúen nel case tódalas tendencias republicanas, e algúns sectores obreiros, agás os progresistas dirixidos por José María Esquerdo e un sector do republicanismo federal.[2]

Eleccións de 1903[editar | editar a fonte]

Nas eleccións xerais de España de 1903, celebradas en abril, a Unión Republicana colleitou un grande éxito chegando a 36 deputados,[4] 13 deles en Cataluña, e unha presenza significativa nas grandes cidades.[3] Así, as súas candidaturas en Madrid, Barcelona e Valencia, saíron integramente, e tamén foron exitosas en capitais de provincia como Castelló, Cádiz, Salamanca, Granada, Palma de Mallorca, A Coruña, Tarragona, Logroño e Lleida. En Barcelona, colleitou 35.000 votos, que foi o maior nivel de votación dunha candidatura de esquerdas até as eleccións de 1931.[4]

Mitin republicano no frontón central de Madrid (1905). Participaron, entre outros, Blasco Ibáñez e Salmerón.

Nas eleccións xerais de 1905, a Unión Republicana obtivo 30 escanos.

Crise e ruptura[editar | editar a fonte]

Tres anos máis tarde, en 1908, a UR achegouse aos rexionalistas cataláns e integrouse na coalición Solidaritat Catalana. Pero diante do desexo de autonomía dos cataláns, a Unión escindiuse entre os partidarios de colaborar cos rexionalistas (liderados por Salmerón) e os que se opuñan ao catalanismo, encabezados por Lerroux e apoiados, tras un intento de conciliación, por Julián Besteiro.

En 1908,cando a posición favorable ao catalanismo se impuxo no seo do partido, o sector de Lerroux abandonou a Unión e fundou o Partido Republicano Radical[5] e os republicanos de Blasco Ibáñez, se escindiron creando o Partido de Unión Republicana Autonomista.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. De Miguel (2016), pp. 557-558
  2. 2,0 2,1 De Miguel (1996), p. 558
  3. 3,0 3,1 Avilés Farré, Elizalde Pérez-Grueso e Sueiro Seoane (2002), p. 215
  4. 4,0 4,1 De Miguel (2002), p. 572
  5. Sanz Noya (2009), pp. 91-92
  6. Martínez Roda (1998), p. 188.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]