Ukiyoburo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ukiyoburo
Autor/aShikitei Sanba
Lingualingua xaponesa
Xénero(s)kokkeibon
Data de pub.1813
editar datos en Wikidata ]

Ukiyoburo (xaponés: 浮世風呂, lit. "Os baños do mundo flotante") é unha novela de Shikitei Sanba, escrita entre 1809 e 1813. Trátase dunha das obras mestras do xénero humorístico kokkeibon. Conta con ilustración de Utagawa Kuninao e Kitao Shigemasa.

Contidos[editar | editar a fonte]

Ukiyoburo describe o humor da vida e mais da cultura cotiás, a través das conversas dun grupo de clientes dun baño público. Shikitei decidiu ambientar a historia nun local deste tipo inspirado polo libro Kengu irigomi sentō shinwa (xaponés: 賢愚湊銭湯新話), de Santō Kyōden, e por unha peza de rakugo de Sanshōtei Karaku.

Estrutura[editar | editar a fonte]

O texto componse de catro partes:

N.º Título Data de publicación
Parte 1 O baño dos homes 1809
Parte 2 O baño das mulleres 1810
Parte 3 Omisións do baño das mulleres 1812
Parte 4 O baño dos homes continúa 1813

Malia anunciar tres partes máis, estas nunca chegaron a escribirse.

Uso da linguaxe[editar | editar a fonte]

Ukiyoburo destaca pola representación de características dialectais. Na segunda parte da obra, unha muller emprega o dialecto de Kansai, namentres outra fala no de Toquio. A primeira delas nota como a segunda di [kwa] no canto de [ka].[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nakata 1972, p. 253.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nakata, Norio (1972). Kōza Kokugoshi: Dai 2 kan: On'inshi, Mojishi (en xaponés). Taishūkan Shoten. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]