Tiranicidio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A suxestión de Benjamin Franklin para o Gran Selo dos Estados Unidos incluía a frase «Rebellion to Tyrants is Obedience to God» («A rebelión contra os tiranos é obediencia a Deus»)
Retrato do xesuíta español Juan de Mariana. Na súa obra De rege et regis institutione (1599) argumenta a lexitimidade dunha revolución ou a execución dun rei se actúa con tiranía

O tiranicidio[1] é darlle morte a un tirano, é dicir, ao gobernante ou dirixente que deixou o seu rol de líder e protector e se converteu en criminal. É un termo que vén da Antiga Grecia. Por exemplo, desígnase como «tiranicidas» a Harmodio e Aristoxitón, considerados heroes e tratados como mártires da liberdade tras o derrocamento de Hipias. A teorización na época posterior inclúe o seu debate na escolástica medieval (Tomé de Aquino) e moderna (Juan de Mariana). Este último foi posibelmente un dos precedentes intelectuais das revolucións burguesas inspiradas no liberalismo clásico, ao permitir moralmente o dereito de rebelión contra un poder opresivo, e mesmo o rexicidio ou morte do rei, en particular pola Revolución francesa. O tiranicidio é un dos tópicos da Independencia de Estados Unidos, que inclúe algunhas anécdotas sobre a apoloxía a eliminar os tiranos. Un exemplo é a frase «A árbore da liberdade debe ser regado co sangue dos patriotas e dos tiranos», atribuída a Thomas Jefferson, ou o lema do estado de Virxinia, Sic semper tyrannis (Así sempre aos tiranos), por suxestión de George Mason.

O concepto do tiranicidio serve para a xustificación moral de certos actos que xuridicamente se coñecen como magnicidio, o asasinato dun gobernante ou figura notábel. Moral e tacticamente, o tiranicidio significa que ao ferir só o déspota non se sacrifican inocentes, o que substitúe a revolución e a guerra civil.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiranicidio.