The Doctrine of Chances
The Doctrine of Chances | |
---|---|
Portada da primeira edición de The Doctrine of Chances | |
Autor/a | Allen Varney |
Lingua | lingua inglesa |
Data de pub. | 1718 |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Doctrine of Chances (en galego, A Doutrina das Probabilidades) foi a primeira obra sobre teoría da probabilidade, escrita polo matemático francés Abraham de Moivre e publicada por primeira vez en 1718.[1] De Moivre escribiu en inglés xa que vivía en Inglaterra naquela época, pois abandonara Francia escapando da persecución dos hugonotes. O título da obra converteuse nun sinónimo de teoría de probabilidades, e así a frase foi usada na obra póstuma de Thomas Bayes, que de feito se titulada An Essay towards solving a Problem in the Doctrine of Chances. Nesta aparece por primeira vez o teorema de Bayes.
Edicións[editar | editar a fonte]
O título completo da primeira edición foi The doctrine of chances: or, a method for calculating the probabilities of events in play (A doutrina das probabilidades ou un método para calcular as probabilidades dos sucesos en xogo); foi publicada en 1718 por W. Pearson e constaba de 175 páxinas.
Publicada en 1738 por Woodfall e composta por 258 páxinas, a segunda edición da obra de De Moivre introducía o que posteriormente se chamaría distribución normal como aproximación da distribución binomial. De feito, De Moivre probou un caso especial do teorema central do límite, un resultado que ás veces é chamado teorema de De Moivre–Laplace.
A terceira edición foi publicada de xeito póstumo en 1756 por A. Millar e ocupou 348 páxinas, xa que se incluíu material adicional como unha aplicación da teoría da probabilidade ás ciencias actuariais no cálculo de anualidades.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Schneider, Ivor (2005). "Abraham De Moivre, The Doctrine of Chances (1718, 1738, 1756)". Landmark Writings in Western Mathematics 1640–1940. Amsterdam: Elsevier. pp. 105 a 120. ISBN 0-444-50871-6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Terceira edición de The Doctrine of Chances.
- Texto completo da primeira edición de “The Doctrine of Chances” en books.google.com
- The Doctrine of Chance en MathPages.
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Hald, Anders (1990). "De Moivre and the Doctrine of Chances, 1718, 1738, and 1756". History of Probability and Statistics and Their Applications before 1750. Wiley Interscience. pp. 397 a 424.