Teresa Cuíñas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1976 (47 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
Educación | IES Sánchez Cantón Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
María Teresa Cuíñas Lavandeira, nada en Pontevedra o 5 de novembro de 1976, é unha xornalista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou COU no IES Sánchez Cantón e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, na que tamén se licenciou en Xornalismo.
Foi redactora en RNE (2004-2006), TVE (Desde Galicia para el mundo) e CNN+. Colaborou en El País[1] (2007-2014) sobre temas de cultura[2], en Rockdelux (desde 2015)[3] como crítica musical e en Atlas Galicia, e na revista Dorna.[4] É redactora da TVG desde 2006.[5]
Colaborou no Culturgal[6], no Foro Galicia Creativa[7] e foi xurado dos Premios Martín Códax[8] e do Festival de Cans.[9]
Participou no vídeo Caminos de Santiago: los caminos de la concordia / Camiños de santiago: os camiños da concordia (2005),[10] nos textos de O mar. IX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, xaneiro-febreiro 2008[11] e Amor. X Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, febreiro-marzo 2009.[10]
Publicou “m-Talá, Chus Pato” no Anuario de Estudios Literarios Galegos: 2000, 334-336. (2001).[12]
Escribiu con Iria Sobrino Freire o prólogo de Narradoras (25 autoras galegas), Vigo: Xerais, 2000.
En 2021 foi comisaria con Pepe Cunha de CantáMOLA en galego, A canción en galego no século XXI, un percorrido polos últimos 20 anos de historia da música galega.[13]
Escribiu o prologo de Xela Arias Cancións (2021) con Desertores, Xerais. ISBN 978-84-1110-038-0.[14]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ PAÍS, Ediciones EL. "Artículos escritos por Teresa Cuíñas Lavandeira". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2021-01-19.
- ↑ "Os días dunha axitada Movida. Reportaxe de Teresa Cuíñas a partir dos libros «Vigo. A explosión dos ’80» e «Vigo a 80 revolucións por minuto» Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-19.
- ↑ "Telexornal Serán CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-01-19.
- ↑ "Dorna, Expresión Poética Galega, núm. 26 - Dorna - USC". www.usc.gal. Consultado o 2021-01-19.
- ↑ "Listaxes de contratación" (PDF). www.crtvg.es.
- ↑ "Teresa Cuíñas Axenda cultural AELG". Consultado o 2021-01-19.
- ↑ "Vigo acoge el Foro Galicia Creativa sobre la música actual gallega". www.sgae.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-19.
- ↑ "Gala de entrega dos Premios Martín Códax 2017 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-01-19.
- ↑ Porriño (2016-05-21). "El videoclip del grupo Herdeiros da Crus gana el concurso del Festival de Cans". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-01-19.
- ↑ 10,0 10,1 "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2021-01-19.
- ↑ Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra; Cuiñas Lavandeira, Teresa; Lourenzo González, M, eds. (2008). O mar. Pontevedra: Concello de Pontevedra e Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte. OCLC 433937478.
- ↑ "m-Talá, Chus Pato Teresa Cuíñas Lavandeira" (PDF). www.poesiagalega.org.
- ↑ "CantáMola en galego: unha exposición para un fervedoiro de músicas actuais". Praza Pública. 2021-05-14. Consultado o 2021-11-08.
- ↑ Cancións na páxina web da editorial.