Serafín Pazo Cumbraos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1828 A Estrada, España |
Morte | agosto de 1907 (79 anos) A Estrada, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Manuel Pazo Rodríguez |
Serafín Pazo Cumbraos, nado na Estrada o 3 de maio de 1828 e finado no mesmo concello en agosto de 1907, foi un médico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Manuel Pazo Rodríguez. Estudou o Bacharelato en Santiago de Compostela. En 1854 obtivo o título de licenciado en Medicina e Cirurxía. Estableceuse como médico na Estrada e foi coñecido por aplicar por primeira vez a medicina contra a rabia e loitar contra o cólera. Popular como orador, foi concelleiro e deputado provincial.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
O Concello da Estrada acordou poñerlle o seu nome a antiga rúa Consolación en maio de 1907.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Galicia, 2-6-1907, p. 6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Arca Caldas, Olimpio (2007). Serafín Pazo Cumbraos, 1828-1907. Apuntes dunha biografía (PDF). Concello da Estrada. ISBN 84-96368-62-9. Consultado o 7 de febreiro de 2015.