San Martiño de Duio, Fisterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Martiño de Duio
Igrexa parroquial
ConcelloFisterra[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°55′17″N 9°16′15″O / 42.92138889, -9.27083333Coordenadas: 42°55′17″N 9°16′15″O / 42.92138889, -9.27083333
Poboación763 hab. (2018)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Duio é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 763 habitantes (393 homes e 370 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 784 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial comezouse a construír en 1717. De estilo barroco, foi profanada polas tropas francesas na Guerra da Independencia, sendo reconstruída no século XIX.

Ten planta de salón cunha capela maior con sancristía acaroada ao lado norte e unha soa nave. A fachada principal é de traza pentagonal. Sobre a porta principal hai unha escultura de granito cunha imaxe que representa ao santo titular, San Martiño.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Martiño de Duio[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Martiño de Duio no concello de Fisterra (A Coruña)

A Anchoa | Calcova | As Escaselas | Mallas | San Martiño de Abaixo | San Martiño de Arriba | Vigo

Parroquias de Fisterra[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fisterra

Duio (San Vicenzo) | Fisterra (Santa María) | San Martiño de Duio (San Martiño) | Sardiñeiro (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]