Ruud Krol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRuud Krol

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Ámsterdam, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVillaricca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Altura184 cm Editar o valor em Wikidata
Peso79 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor em Wikidata - 1986 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1968-1980 AFC Ajax 339(23)
1980-1980 Vancouver Whitecaps (1974–84) (pt) Traducir 14(0)
1980-1984 SSC Napoli 107(1)
1984-1986 Association Sportive de Cannes Football (pt) Traducir 63(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1969-1983   Países Baixos 83(4) Editar o valor em Wikidata
Participou en
xuño de 1980Eurocopa de Fútbol Italia 1980
xuño de 1978Mundial de Fútbol Arxentina 1978
xuño de 1976Eurocopa de Fútbol Iugoslavia 1976
1974Mundial de Fútbol Alemaña 1974 Editar o valor em Wikidata
Premios

FIFA: 174681 UEFA: 36967 Editar o valor em Wikidata
Ruud Krol

Rudolf Jozef Krol , tamén coñecido por Ruud o Rudi, nado en 24 de marzo de 1949 en Ámsterdam, é un xogador de fútbol neerlandés xubilado que xogou 83 veces polo seu país. Comezou a súa carreira no Ajax Amsterdam baixo as ordes de Rinus Michels. Na súa primeira tempada no club non xogou moito. Despois da marcha do defensa esquerdo Van Duijvenbode no verán do 1969 ó Feyenoord, Krol converteuse nun xogador regular. Cando o Ajax chegou á Copa de Europa no 1971, e gañou, Krol non xogou por ter a perna rota. Krol participou nas finais da Copa de Europa no 1972 e no 1973. Mentres outros coma Cruyff e Johan Neeskens marcharon cara a outros destinos, Krol mantívose no Ajax ata 1980 (logo lle pesaría ter estado tanto tempo). Marchou ó NASL para xogar cos Vancouver Whitecaps, pero permaneceu só unha tempada. Fichou á tempada seguinte co SSC Napoli onde xogaría durante catro tempadas. O seu derradeiro club antes de se retirar foi o club francés AS Cannes, no que aguantou ata 1986.

Internacionalmente, Krol fixo o seu debut na selección holandesa en 1969 contra Inglaterra, e xogou 83 encontros, retirándose das competicións internacionais no 1983. Foi un compoñente crucial no Total Football dos 70's. Un defensa versátil, tamén podía xogar en calquera posición ó longo do medio campo. No 1974, no que Holanda chegou á final, Krol xogou principalmente coma defensa esquerdo e preparou o gol de Cruyff contra o Brasil e o seu berro de 25 iardas contra Arxentina permanecerá na memoria. Por desgraza, caeron nun derradeiro obstáculo, perdendo por 2-1 para a Alemaña Occidental.

Cando se xogou a Copa de 1978, Krol decidiu troca-la posición de líbero e conseguiu o brazalete de capitán despois da saída de Cruyff. Krol fixo un torneo correcto, pero foi incapaz de impedi-la caída de Holanda da súa segunda derrota nas finais, esta vez 3-1 contra Arxentina.

Krol xogou coma capitán na selección holandesa nas competicións europeas de 1980, pero frustrouse, sendo eliminados na primeira rolda por Alemaña Occidental e Checoslovaquia. Tampouco conseguiron puntuar no 1982. Tivo parte na puntuación do 1984, e participou no seu derradeiro encontro internacional en 1983, cun 1-0 no campionato europeo contra España. A súa traxectoria copeira foi só superada por Aron Winter durante o torneo do 2000.

Na súa carreira como adestrador, encargouse de Exipto, e foi asistente de adestrador da selección holandesa (baixo as ordes de Louis van Gaal) e do Ajax (esta vez baixo as de Ronald Koeman). Recentemente actuou coma adestrador interino do Ajax, logo da renuncia de Koeman.