Roberto II de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto II de Francia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Robert II de France Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 972 Editar o valor em Wikidata
Orléans, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xullo de 1031 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Melun, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Rei dos francos
24 de outubro de 996 – 20 de xullo de 1031
← Hugo I de FranciaHenrique I de Francia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
ProfesoresSilvestre II Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e francés antigo Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Capeto (pt) Traducir e Dinastía dos Capetos Editar o valor em Wikidata
CónxuxeConstanza de Arles (1003 (Gregoriano)–)
Berta de Borgoña (996 (Gregoriano)–)
Susana de Italia
FillosHedwig of France, Countess of Nevers (en) Traducir
 () Constanza de Arles
Adela de França (pt) Traducir
 () Constanza de Arles
Roberto I de Borgoña
 () Constanza de Arles
Henrique I de Francia
 () Constanza de Arles
Hugo II de Francia
 () Constanza de Arles
Eudes de France (en) Traducir
 () Constanza de Arles Editar o valor em Wikidata
PaisHugo I de Francia Editar o valor em Wikidata  e Adelaide da Aquitânia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHedwig of France, Countess of Mons (en) Traducir e Gisèle de France (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Capet-41 Find a Grave: 21109 Editar o valor em Wikidata

Roberto II de Francia ou Roberto II "o Piadoso" (en francés: Robert II le Pieux). Nado en Orleans o 27 de marzo de 972 e finado en Melun o 20 de xullo de 1031. Foi rei de Francia desde 996 ata 1031. Foi o segundo rei da dinastía dos Capeto e fillo de Hugo Capeto e Adelaida de Aquitania.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e sucesor primoxénito da monarquía francesa[editar | editar a fonte]

No 987, o seu pai lograra que a nobreza recoñecera a Roberto como sucesor rex designatus, dando comezo así o reinado dos seus sucesores en Francia, que duraría en liña directa ata 1328 e indirecta, con interrupcións polas repúblicas e imperios napoleónicos, ata 1848.

Características do seu reinado[editar | editar a fonte]

Xa no trono, Roberto obtivo o recoñecemento do seu primoxénito Hugo, como o seu sucesor, mais a morte deste convertería en futuro sucesor a Henrique.

Foi un defensor da Igrexa e protector da cultura, ademais de precursor fundamental da expansión da orde cluniaciense.

O piadoso Roberto fixo poucos amigos e moitos inimigos, que incluiría aos seus propios fillos que máis tarde se rebelarían.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

A excomuñón de Roberto "o Piadoso" (de Jean-Paul Laurens, 1875).

Roberto II de Francia casárase en primeiras nupcias coa súa prima cuarta Berta de Borgoña, sobriña do duque Otón Guillerme de Borgoña, aínda que deste enlace non tivese descendencia.[1]

O reino de Roberto II de Francia a finais do século X.

Por medio deste matrimonio obtivo o Ducado de Borgoña e arrebatoulle á nobreza os condados de Dreux e Melun no ano 1017.[2]

Este matrimonio non era do agrado do papa Gregorio V, a causa do próximo parentesco e porque durante o pontificado do antecesor papa Xoán XV, se depuxera a Arnulfo do arcebispado de Reims que foi substituído, coa oposición papal, por Gerberto quen fose nomeado Silvestre II contando co apoio do anterior rei francés Hugo Capeto, e polo cal esixiu a Roberto que anulase o enlace. Este ao negarse provocou que fose excomungado, ao igual que o arcebispo de Reims que autorizara o casamento.

Ao final rematou por separarse o matrimonio e quitáseo o apoio ao Silvestre II xa que desexaba un achegamento co Papa. Isto provocou que nun concilio celebrado en Pavia no ano 997, restituísese como arcebispo de Reims a Arnulfo e condenásese como usurpador a Gerberto, ademais de levantar a excomuñón.[1]

Roberto enlazouse por segunda vez con Constanza de Arles -aínda que ao ter sido anulado o anterior, se convertería nas súas primeiras nupcias- filla do Príncipe da Provenza (dende 991), sendo unha muller moi temperamental, contrastando acentuadamente con Roberto "o Piadoso", pasou á Historia por defender con decisión os dereitos do seu fillo ao trono.[3] Deste matrimonio naceron sete fillos:

Guerras civís e falecemento[editar | editar a fonte]

Os seus fillos Hugo, Henrique e Roberto, rebeláranse contra o seu pai dando lugar a unha guerra civil, na cal Hugo morrería en plena revolta, en 1025.

Na continuación do conflito con Henrique e o mozo Roberto, as tropas do rei Roberto resultaron derrotadas e o rei retirouse a Beaugency, nos arredores de París, a capital.

Roberto morreu en plena contenda contra os seus fillos o 20 de xullo de 1031 en Melun. Foi enterrado, xunto coa súa esposa Constanza, na Basílica de Saint Denis. Sucederíalle o seu fillo Enrique.

Ao rematar o seu reinado, Francia encontraríase nun proceso de importante evolución política.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Le Bas, Philippe (op. cit., páx. 160).
  2. Le Bas, Philippe (op. cit, pp. 120 - 121).
  3. Le Bas, Philippe (op. cit., páx. 161).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Le Bas, Philippe; en "Historia de la Francia" (Tomo I, obra traducida por Una Sociedad Literaria, Ed. Imprenta del Nacional, Barcelona, año 1841).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Hugo Capeto

Rei de Francia

9961031
Sucesor:
Henrique I
Predecesor:
Otón Guillerme
Duque de Borgoña
10041016
Sucesor:
Henrique