Rinaldo Fioramonte Martino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rinaldo Martino
Información persoal
Nome Rinaldo Fioramonte Martino
Nacemento 6 de outubro de 1921
Lugar de nacemento Rosario
Falecemento 15 de novembro de 2000
Lugar de falecemento Buenos Aires
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Club Peñarol
Club Belgrano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1941–1948 CA San Lorenzo 233 (142)
1949-1950 Italia Juventus FC 33 (18)
1950 Uruguai Nacional 18 (10)
1951 CA Boca Juniors 15 (3)
1952 Uruguai Nacional 12 (5)
1950 Uruguai CA Cerro 4 (1)
Selección nacional
1942-1947 Arxentina 20 (15)
1949 Italia Italia 1 (0)
Na rede
Find a Grave: 14590872 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de decembro de 2013.
Selección: actualizado a 10 de setembro de 2013.editar datos en Wikidata ]

Rinaldo Fioramonte Martino tamén coñecido como Mamucho Martino, nado o 6 de outubro de 1921 en Rosario (Provincia de Santa Fe e finado o 15 de novembro de 2000 en Buenos Aires foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.

A Asociación do Fútbol Arxentino (AFA) incluíuno entre os 24 futbolistas arxentinos que integran o Salón da Fama.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando en equipos do seu Rosario natal, primeiro o Club Peñarol e despois o Club Belgrano. En 1941 fichou polo San Lorenzo de Almagro. Pese a non xogar como home máis adiantado tiña unha gran capacidade goleadora, sendo o máximo anotador do campionato arxentino de 1942.

Co equipo de Almagro gañou o título de liga en 1946 e realizou unha xira por Europa ese mesmo ano.

A finais dos anos 40 fichou polo Juventus FC italiano, co que acadou o título da Serie A, e incluso chegou a xogar coa Selección de fútbol de Italia[1]. De volta en América xogou no Club Nacional de Football, co que tamén gañou o título. Tras un breve paso por Boca Juniors volveu a Nacional para ser campión outra vez.

En 1953 fichou polo CA Cerro, onde se retirou.

Formou parte da Selección de fútbol da Arxentina entre 1942 e 1947 sendo campión da Copa América en dúas ocasións, 1945 e 1946. Na primeira delas anotou un gol histórico ante Uruguai ante o porteiro Roque Máspoli, que se considera como un dos máis notábeis da historia do fútbol suramericano, e que foi bautizado no seu momento coma o gol de América.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Primeira División da Arxentina San Lorenzo Arxentina 1946
Serie A Italia Juventus FC Italia 1949/50
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai Uruguai 1950
Primeira División do Uruguai Nacional Uruguai Uruguai 1952

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Sede Equipo Ano
Copa América Chile Chile Selección de fútbol da Arxentina 1945
Copa América Arxentina Selección de fútbol da Arxentina 1946

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]