Revista Galaica (Buenos Aires)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Revista Galaica.
Revista Galaica foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1879 e 1880.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Revista decenal, apareceu o 10 de outubro de 1879, editada polo Centro Gallego de Buenos Aires, e funcionou como voceiro desta sociedade. Foi unha das primeiras publicacións creadas por galegos en América. O seu fundador foi Manuel Vázquez Castro e estaba dirixida por Eduardo Caamaño. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Barros (pseudónimo de Manuel Vázquez Castro), Joaquín Castro Arias, Francisco González e T. A. Puig. Mantivo fortes polémicas con El Gallego. Deixou de editarse o 10 de xuño de 1880.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 175. ISBN 84-87172-30-X.