Rally de Ourense de 1994

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally de Ourense de 1994
CategoríaEspaña
Galicia
LocalizaciónGalicia Ourense
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Tramos16
Gañadores
Piloto campiónEspaña Mia Bardolet
Equipo campiónEspaña Team Opel España
Participantes
Pilotos55
AnteriorRally de Ourense de 1993
SeguinteRally de Ourense de 1995

O Rally de Ourense de 1994 foi a 27ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse entre o 24 e o 26 de xuño[1] e o vencedor foi por segundo ano consecutivo o piloto catalán Mia Bardolet.[2]

Itinerario[editar | editar a fonte]

Constou de 168 quilómetros cronometrados, divididos en dúas seccións e 16 treitos (8 percorridos distintos a dúas pasadas cada un). Tanto a saída como a chegada situáronse no Parque de San Lázaro.[3]

Resumo[editar | editar a fonte]

Comezou liderando a carreira José María Bardolet, pero pouco despois colocouse primeiro Oriol Gómez. Con todo, Gómez viuse obrigado a abandonar a falta de 8 treitos, polo que Bardolet recuperou a primeira praza, que xa non perdeu até o final. Detrás del cruzou a meta Luís Climent, de xeito cómodo tras o abandono de Borja Moratal, e en terceira posición rematou Germán Castrillón, que remontou posicións nos últimos treitos, despois de que nos primeiros rompese a dirección e picase unha roda.[2]

Clasificación final[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Automóbil Tempo
1 España Josep Maria Bardolet España Alex Romaní Opel Astra GSI 16v 1:54:23
2 España Luís Climent España José Antonio Muñoz Opel Astra GSI 16v 1:54:53
3 Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Escort Cosworth 1:59:30
4 España Miguel Martínez-Conde España Felipe Alonso Renault Clio Williams 1:59:39
5 España David Guixeras España Jordi Albadalejo Peugeot 106 Rallye 1:59:42
6 España Jaime Azcona Alemaña Julius Billmaier Peugeot 106 Rallye 2:00:38
7 Francia Christine Driano España Salvador Belzunces Citroën AX GTI 2:00:51
8 España Antonio Garrido España José Alfredo Álvarez Ford Sierra Cosworth 2:02:06
9 Galicia Javier Paz Galicia Manuel García Ford Sierra Cosworth 2:02:15
10 España Javier Azcona Galicia Juan Louro Ford Sierra Cosworth 2:02:56
Abandonos
- España Oriol Gómez España Marc Martí Renault Clio Williams -
- Galicia Arturo Rial Galicia Juan Carlos Arias Citroën AX Sport -
- España Borja Moratal España Alfredo Rodríguez Peugeot 306 S16 -
- Galicia Germán Gómez Galicia Juan Barros Ford Escort Cosworth -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Javier Figueiredo Pérez. "Rallye de Ourense 1967-2003". 
  2. 2,0 2,1 Arévalo, F. (27 de xuño de 1994). "Doblete de los Opel en Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). p. 38. 
  3. Arévalo, F. (25 de xuño de 1994). "Un mano a mano Climent-Oriol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 55. 


Predecesor:
Rally de Ferrol
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1994
Sucesor:
Rally San Froilán