Rally San Froilán de 1989

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally San Froilán de 1989
CategoríaEspaña Copa
Galicia Galicia
LocalizaciónGalicia Provincia de Lugo
OrganizadorEscudería Miño
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Tramos15
Gañadores
Piloto campiónEspaña Daniel Alonso
Participantes
Equipos82
AnteriorRally San Froilán de 1988
SeguinteRally San Froilán de 1990

O Rally San Froilán de 1989 foi a 11ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rally, así como para a Copa de España de Rallys. Celebrouse entre o 7 e o 8 de outubro de 1989 e o vencedor foi o asturiano Daniel Alonso, a bordo dun Ford Sierra Cosworth.[1]

Itinerario[editar | editar a fonte]

O rally constou de 467 km divididos en dúas etapas e 15 treitos cronometrados. A primeira etapa correuse na tarde do día 7 e consistía en tres pasadas polos treitos de Meira (6,8 km), Galegos (22,6 km) e O Chao de Pousadoiro (5,8 km). A segunda etapa disputouse integramente de noite, na madrugada do día 7 ao 8. Constou de dúas pasadas pola Mota (8,4 km), Paradela (6,2 km) e Goián (10,5 km).[2]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo
1 España Daniel Alonso España Salvador Belzunces Ford Sierra Cosworth
2 Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Renault 5 GT Turbo
3 Galicia Carlos Piñeiro Galicia Julio Orozco Ford Sierra Cosworth
4 España Toni Ponce BMW M3
5 Galicia Arturo Rial Citroën AX Sport
6 Galicia Manuel Senra Renault 5 GT Turbo
7 Galicia Sergio Vallejo Peugeot 309 GTI
8 España Antonio Garrido Ford Sierra Cosworth
9 Galicia Javier Arias
10 Galicia José Montero Lancia Delta Integrale
Abandonos
- España Fernando Brizuela Ford Sierra Cosworth

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arévalo, Fernando (9 de outubro de 1989). "El asturiano Alonso ganó el Rally San Froilán, confirmando su superioridad en la Copa de España". La Voz de Galicia (en castelán). p. 44. 
  2. "La Escudería Miño-Lugo está dispuesta a organizar un rally de San Froilán «de campeonato de España»". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de setembro de 1989. p. 48. 


Predecesor:
'
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1989
Sucesor:
Rally de Ferrol